DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2024 Páx. 22405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS GON805, CS Xurdán, reforma CT Tarela-Pazos e substitución de apoios na LMTA GON805, no concello de Nigrán, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/237-4).

A instalación denominada LMTS GON805, CS Xordán, reforma CT Tarela-Pazos e substitución de apoios na LMTA GON805 foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 29 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e ten a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 9 de maio de 2024, a partir das 12 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos que figuran na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Nigrán.

As persoas interesadas recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e infórmaselles que poderán ir acompañadas por un perito ou polo un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 14 de marzo de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS GON805 CS Xordán reforma do CT Tarela Pazos e substitución de apoios

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº de apoio

m2 solo

ml sub.

m2 subsolo

1

54035A036000310000HT

Grolos

Descoñecido

CT

13,78

5,20

21,30

2

54035A036000730000HX

Devesa

Descoñecido

1

1,44

3

54035A036000810000HZ

Devesa

Carmen Hermida Hermida

1

1,44

4

54035A036001840000HY

Telleira

Ricardo Barros Hermida

1

1,44