DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2024 Páx. 22417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a disolución de Promagal-Federación de Productores de Madeira de Galiza.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral, acordouse depositar o acordo de disolución de Promagal-Federación de Productores de Madeira de Galiza.

(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán integrase as asociacións de produtores de madeira.

–Asinantes: Ramón Reimunde Noreña e Óscar Piñón Pumar.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2024

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais