DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2024 Páx. 22418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente REQ-MON-OU-04-2024-FOR.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido este prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no BOE.

Ourense, 21 de marzo de 2024

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: REQ-MON-OU-04-2024-FOR.

Persoas interesadas: 14265368D e 30690043Q.

Acto de notificación: requirimento de cumprimento das repoboacións forestais.

no polígono 20, parcela 161, concello de Calvos de Randín.