DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de marzo de 2024, da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Dodro (expediente DH.W15.99363).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) e 53.3.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización/legalización de obras:

Solicitante: Concello de Dodro.

DNI: ***0330**.

Expediente: DH.W15.99363.

Lugar: Tallós.

Parroquia: Laíño (San Xián).

Concello: Dodro.

Descrición das actuacións:

As obras consisten na execución do proxecto construtivo da urbanización do sector S-03 do PXOM de Dodro, que inclúe a construción de vías, rotonda de acceso, redes de servizos de pluviais, saneamento, abastecemento, rede soterrada de media e baixa tensión, alumeado e telefonía, zonas verdes, sinalización, e o desvío dun rego cara ao lindeiro oeste do ámbito, coa súa canalización en superficie.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica Galicia Centro