DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 21 de marzo de 2024 polo que se notifica a incoación, prego de cargos e orde de suspensión de obras do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/80/2022-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 20 de febreiro de 2024, acordou a incoación e a orde de suspensión do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/80/2022-RP1, e a instrutora do Servizo de Inspección Urbanística II formulou prego de cargos no mesmo expediente.

Ao non poder realizarse a notificación persoal ao interesado con documento nacional de identidade número 36070320H, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a dita incoación, prego de cargos, e orde de suspensión de obras, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da incoación, orde de suspensión e prego de cargos que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentaren os documentos e xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, proporen proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2024

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección
da Legalidade Urbanística