DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 21 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello de Amoeiro (expediente IN407A 2023/2-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBTA Cerval, situada no concello de Amoeiro, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas titulares na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense, tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 21 de marzo de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/2-3.

Instalación: LMTA, CTI e RBTA Cerval.

Concello: Amoeiro.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Data da acta de autorización de ocupación: 9 de xaneiro de 2024.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

4

Fonte

32003A044009820000YE

Herdeiros de Eladio González Novoa

Enderezo descoñecido

5

Fonte

32003A044009800000YI

Herdeiros de Manuel González Novoa

Enderezo descoñecido

9

Pozo

32003A044009470000YE

José Araujo Leal

Enderezo descoñecido

10

Pozo

32003A044009460000YJ

Descoñecido

Titular descoñecido

19

Tarruxeiras

32003A044009650000YL

Herdeiros de Manuel González Novoa

Enderezo descoñecido

23

Cruz da Vila

32003A044009700000YF

Herdeiros de Eladio González Novoa

Enderezo descoñecido

26

Cruz da Vila

32003A044005770000YG

Herdeiros de Eladio González Novoa

Enderezo descoñecido

27

Lameiro

32003A044005760000YY

María Castro Conde

Enderezo descoñecido

28

Lameiro

32003A044005730000YW

Herdeiros de Auria González Fernández

Enderezo descoñecido

30

Lameiro

32003A044005730000YW

María Belén Dopazo Rodríguez

Enderezo descoñecido