DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 21 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN407A 2019/167-1, no concello de Muxía.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CTC e RBT Vuiturón, no concello de Muxía (expediente IN407A 2019/167-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 21 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/167-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS, CTC e RBT Vuiturón.

Concello: Muxía.

Predio

Lugar

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

Depósito

Importe

1

Os Vicentes

508

89

Herdeiros de Crisanto López Míguez

417/2023

158,32 €