DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22220

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 22 de marzo de 2024 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modifica os artigos 134 e 135 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, relativos á selección da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas nesta lei, os requisitos para ser persoas candidatas á dirección e o procedemento de selección. No artigo 134.1.c) establécese que as administracións educativas poderán considerar como requisito a formación a que se refire o punto 6 do artigo 135, opción que se recolle nesta orde.

No artigo 133 establécese que a selección e nomeamento das direccións nos centros públicos se efectuará mediante concurso de méritos entre o persoal docente de carreira que imparta algunha das ensinanzas encomendadas ao centro e que se realizará de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

A selección, o nomeamento e o cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establécese no Decreto 222/2022, do 7 de decembro (DOG núm. 7, do 11 de xaneiro de 2023), que derroga o Decreto 29/2007.

Procede convocar concurso de méritos para seleccionar as direccións dos centros que rematan o seu mandato no actual curso académico 2023/24 e non solicitaron a correspondente prórroga e aquelas direccións que rematan o seu mandato de carácter extraordinario ou accidental.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ACORDA:

Artigo 1. Convocatoria

Convócase concurso de méritos para seleccionar e nomear as direccións dos centros docentes públicos onde se imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que se relacionan no anexo I desta orde.

A selección realizarase de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

Artigo 2. Requisitos para ser persoa candidata á dirección

2.1. Para participar neste concurso de méritos para ser nomeada/o directora ou director dun centro docente público dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades deberán reunirse os seguintes requisitos:

a) Ser persoal funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, incluído o corpo a extinguir de profesores técnicos de formación profesional.

b) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como persoal funcionario na función pública docente, con nomeamento nun dos corpos a que se fai referencia no parágrafo anterior.

c) Ter exercido funcións docentes como persoal funcionario, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas que ofrece o centro a que se opta. Para estes efectos, considéranse as mesmas ensinanzas a educación infantil e a educación primaria.

d) Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e depender organicamente desta. Tamén poderán presentarse aquelas persoas en situación de servizos especiais, excedencia por coidado de familiares ou en excedencia voluntaria, sempre que se estivese nunha destas situacións por resolución da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, e o 1 de xullo de 2024 se reúnan os requisitos para reingresar no servizo activo.

e) Posuír unha certificación acreditativa de ter superado un curso de formación sobre competencias para o desenvolvemento da función directiva impartido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, polo Ministerio de Educación e Formación Profesional ou polas administracións educativas das restantes comunidades autónomas, con validez en todo o territorio nacional.

Será, así mesmo, válida a superación dos cursos organizados por persoas físicas ou xurídicas determinadas por unha Administración educativa, sempre que conste expresamente que foron autorizados para os efectos establecidos no artigo 135.6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Estarán exentas de acreditar a superación deste programa de formación sobre o desenvolvemento da función directiva as persoas que acrediten unha experiencia de polo menos catro anos no exercicio da dirección de centros docentes públicos con avaliación positiva do seu traballo.

f) Presentar un proxecto de dirección nos termos previstos no artigo seguinte.

2.2. Para participar no concurso de méritos para ser nomeada/o directora ou director dun centro público específico de educación infantil, dun centro incompleto de educación primaria, nos centros de educación secundaria con menos de oito unidades, nos centros en que se imparten ensinanzas artísticas profesionais, deportivas, de idiomas ou nos centros específicos de adultos con menos de oito profesores, non se exixirán os requisitos establecidos nas letras b), c) e e) do punto 1 deste punto.

2.3. Todos os requisitos enumerados anteriormente deberán posuírse e ser acreditados na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

2.4. O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que preste servizo nos centros que imparten ensino secundario obrigatorio poderá optar á dirección dos centros docentes en que se imparte o dito nivel educativo sempre que cumpra os requisitos sinalados nas epígrafes anteriores.

Así mesmo, de conformidade co establecido no punto 2 da disposición adicional cuarta do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, poderá presentarse o persoal docente do corpo de mestres das especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe que desempeñase funcións de atención á diversidade na educación secundaria durante, polo menos, cinco anos, e reúna os restantes requisitos sinalados nos puntos anteriores.

Artigo 3. Solicitudes e documentación

3.1. A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da provincia correspondente, e poderase descargar unha vez formalizados os datos de participación no concurso a través do enderezo web https://www.edu.xunta.gal/cxt (anexo III).

Xunto coa solicitude achegarase, ademais:

a) Documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais alegados en relación co baremo que se publica como anexo II a esta orde, agás aqueles que xa consten na base de datos de persoal.

b) Documentación acreditativa de ter superado o curso de formación ou o curso de actualización sobre o desenvolvemento da función directiva, agás que xa conste na base de datos de persoal.

c) O proxecto de dirección que inclúa, polo menos, unha presentación e fundamentación do proxecto, os obxectivos, os plans e as liñas de actuación e a avaliación deste. O proxecto de dirección deberá estar orientado a lograr o éxito escolar de todo o alumnado e deberá incluír, entre outros, contidos en materia de igualdade entre mulleres e homes, non discriminación e prevención da violencia de xénero. De solicitarse máis dun centro, deberá presentarse un proxecto específico de dirección para cada centro.

O proxecto de dirección non excederá das 30 páxinas DIN A4, nun tipo de letra: Times New Roman, tamaño de letra: 12, espazo entre liñas: 1,5.

O proxecto de dirección valorarase globalmente ata un máximo de 12 puntos e de acordo cos criterios contidos na rúbrica que se publica como anexo IV desta convocatoria.

3.2. Efectuárase unha solicitude por cada centro que se demande ata un máximo de dúas.

3.3. Así mesmo, o persoal participante no concurso de méritos remitirá ao centro ou centros docentes que solicite unha copia do seu proxecto de dirección. Este proxecto estará á disposición das persoas membros do claustro de profesores e do Consello Escolar na secretaría do centro, durante un período mínimo de dez (10) días lectivos, no horario que estableza a dirección do centro.

No taboleiro de anuncios da sala de profesorado exporase unha relación das candidaturas presentadas, así como o prazo e o horario en que poderán verse os proxectos de dirección na secretaría.

3.4. A solicitude de participación xerada previamente na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt, xunto coa documentación a que se alude no punto 3.1, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, mediante a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), e dirixirase á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da provincia correspondente. Cómpre sinalar que para acceder a este servizo é preciso dispor dun certificado electrónico ou Chave365.

No suposto de participar no concurso a dous centros, presentarase unha solicitude por cada un deles.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3.5. As persoas aspirantes serán responsables da veracidade da documentación achegada e, conforme se indica no formulario da solicitude, declararán que esa documentación é copia fiel dos orixinais que figuran no seu poder, sen prexuízo da posibilidade por parte da Administración de requirirlles en calquera momento a documentación orixinal. No caso de inexactitude, falsidade ou omisión en calquera dato ou documento achegado, isto comportará a perda do dereito á participación neste proceso, con independencia das responsabilidades que procedan, conforme dispón o artigo 69.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3.6. Unicamente se terán en conta aqueles méritos debidamente xustificados dentro do prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do establecido no artigo 4.2 desta orde.

Os méritos achegados para a súa valoración deberán posuírse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 4. Prazo de presentación de solicitudes e emenda

4.1. O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

4.2. Agás a presentación do proxecto de dirección, se a restante documentación achegada non reúne os requisitos exixidos na presente orde, a Comisión de Selección requirirá a persoa interesada para que emende a falta ou achegue os documentos preceptivos no prazo de dez (10) días hábiles desde a súa notificación, e coa indicación de que, se así non o fixer, non lle serán tidos en conta ou, de ser o caso, realizarase a declaración de desistencia.

Artigo 5. Comisión de Selección

5.1. En cada centro educativo constituirase unha Comisión de Selección, nomeada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que terá como sede a localidade e local que decida a súa presidencia, e que terá a seguinte composición:

a) Dúas persoas pertencentes ao corpo de inspección educativa, designadas pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, unha das cales exercerá a presidencia da Comisión.

b) Un director ou directora en activo en centros que impartan as mesmas ensinanzas que aquel no cal se desenvolve o procedemento de selección, con un ou máis períodos de exercicio con avaliación positiva do traballo desenvolvido, designado pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

c) Tres profesores do centro elixidos polo claustro de profesores, de entre os cales se designará o secretario da Comisión. No caso de producirse empate no número de votos, repetirase unha vez a votación e, de persistir o empate, dirimirase por sorteo.

d) Tres membros non docentes do Consello Escolar elixidos polo propio Consello Escolar. No caso de producirse empate no número de votos, repetirase unha vez a votación e, de persistir o empate, dirimirase por sorteo.

5.2. Os alumnos e alumnas que, se é o caso, sexan nomeados como representantes do Consello Escolar terán que estar matriculados nun curso non inferior a terceiro de educación secundaria obrigatoria.

5.3. En ningún caso, as persoas candidatas á dirección poderán formar parte da Comisión de Selección.

5.4. Designarase unha persoa suplente de cada persoa integrante da Comisión de Selección en cada un dos ámbitos de representación, que actuará en substitución da persoa titular cando exista causa xustificada que impida a actuación desta.

5.5. Ás persoas integrantes da Comisión de Selección seranlles de aplicación as normas sobre abstención e recusación previstas nos artigos 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

5.6. A dirección do centro comunicará para o seu nomeamento as persoas representantes do claustro e do Consello Escolar na Comisión de Selección á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dos cinco (5) días hábiles seguintes ao de remate do prazo de solicitudes establecido no artigo 4 desta orde, sen que se teñan en consideración posibles ampliacións deste.

5.7. A non elección das persoas representantes do claustro de profesores ou do Consello Escolar non impedirá a constitución e o normal funcionamento da Comisión de Selección.

5.8. A composición da Comisión de Selección publicarase no taboleiro de anuncios do centro.

Artigo 6. Composición da Comisión de Selección en determinados supostos

6.1. Cando o número de profesorado do centro sexa inferior a catro ou o número de candidaturas á dirección non lle permita ao claustro elixir tres persoas de entre o profesorado, a composición da Comisión de Selección será a seguinte:

a) Unha persoa pertencente ao corpo de inspección educativa designada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que exercerá a presidencia.

b) Un director ou directora en activo en centros que impartan as mesmas ensinanzas que aquel en que se desenvolve o procedemento de selección, con un ou máis períodos de exercicio con avaliación positiva do traballo desenvolvido, designado pola persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia de educación.

c) Dous profesores do centro elixidos polo claustro de profesores, de entre os cales se designará o secretario da Comisión.

d) Dous membros non docentes do Consello Escolar elixidos polo propio Consello Escolar.

6.2. Composición excepcional da Comisión de Selección.

De xeito excepcional, cando non sexa posible nomear a Comisión de Selección de acordo co establecido no punto primeiro deste artigo por non poder nomear dúas persoas integrantes do profesorado do centro por mor das candidaturas presentadas, a composición será a seguinte:

a) Unha persoa pertencente ao corpo de inspección educativa designada pola persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia de educación, que exercerá a presidencia.

b) Un profesor do centro elixido polo claustro de profesores, que será o secretario da Comisión.

c) Un membro non docente do Consello Escolar elixido polo propio Consello Escolar.

Artigo 7. Funcións da Comisión de Selección e procedemento de funcionamento

7.1. Recibidas as solicitudes dirixidas á xefatura territorial, a Comisión de Selección comprobará que o persoal aspirante reúne os requisitos establecidos nesta orde e notificaralle ao persoal aspirante a admisión ou exclusión da súa petición.

7.2. Contra a exclusión da solicitude, o persoal aspirante poderá presentar reclamación perante a propia comisión seleccionadora, no prazo de cinco (5) días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación do rexeitamento da solicitude.

7.3. A Comisión de Selección valorará os méritos académicos e profesionais de cada persoa aspirante con destino no centro e, se for o caso, das persoas candidatas que non o teñen, de acordo co baremo que se publica como anexo II desta orde.

7.4. A Comisión de Selección valorará, así mesmo, os proxectos de dirección, de acordo co establecido no baremo que se publica no anexo II desta orde, e poderá ter unha entrevista co profesorado que presentou candidatura se considera necesario clarificar algúns aspectos do proxecto de dirección. Cando a Comisión de Selección decida a realización desta entrevista, deberá efectuala a todas e cada unha das persoas candidatas.

7.5. A cualificación do proxecto de dirección será a media aritmética das cualificacións de todas as persoas membros presentes da Comisión, que deberán deixar constancia por escrito da cualificación outorgada. Cando entre as puntuacións outorgadas polas persoas membros da Comisión exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, e calcularase a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

7.6. A Comisión de Selección publicará no taboleiro de anuncios do centro educativo a puntuación provisional das persoas candidatas á dirección. Contra esta puntuación poderá presentarse reclamación ante a propia Comisión no prazo de cinco (5) días hábiles computados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

7.7. Cada persoa membro da Comisión elaborará un sucinto informe xustificativo da súa cualificación do proxecto de dirección.

Artigo 8. Selección do/da director ou directora

8.1. Transcorrido o prazo de reclamacións e, se é o caso, resoltas estas, a Comisión de Selección establecerá a puntuación final obtida polo persoal aspirante e seleccionará a persoa candidata que proporá como directora ou director do centro, para o seu nomeamento pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

8.2. Para poder ser seleccionada e nomeada para a dirección é necesario obter polo menos seis puntos no proxecto de dirección.

8.3. A selección realizarase considerando primeiro as candidaturas do profesorado do centro, que terán preferencia. En ausencia de candidaturas do centro ou cando estas non superasen a puntuación mínima no proxecto de dirección, a Comisión valorará as candidaturas do profesorado doutros centros.

8.4. No caso de se produciren empates na puntuación total das persoas aspirantes, estes dirimiranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación no proxecto de dirección.

b) Maior puntuación na epígrafe 2 do baremo.

c) Maior puntuación na epígrafe 1 do baremo.

8.5. Se unha persoa candidata resulta seleccionada para dous centros, nomearase no centro en que teña destino definitivo. De non ter destino definitivo en ningún dos centros, será nomeada no centro polo que opte, e seleccionarase e nomearase no centro non elixido outra persoa aspirante que reúna os requisitos con maior puntuación.

Artigo 9. Recursos

Contra a decisión da Comisión de Selección, que resolve definitivamente o concurso de méritos de selección da dirección do centro, poderase interpoñer recurso de alzada, no prazo dun (1) mes, ante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Artigo 10. Nomeamento

10.1. A persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nomeará director ou directora do centro a persoa proposta pola Comisión de Selección.

10.2. Os nomeamentos das directoras ou directores terán efectos do 1 de xullo de 2024 e por unha duración de catro anos, prorrogables por períodos de igual duración, ata un máximo de tres mandatos, logo de avaliación positiva do traballo desenvolvido ao final destes, oído o Consello Escolar.

10.3. Cando o nomeamento recaia nun funcionario ou funcionaria que non teña destino definitivo no centro, o nomeamento implicará a concesión dunha comisión de servizos.

Artigo 11. Nomeamento con carácter extraordinario

Nos supostos de ausencia de persoas candidatas, ou cando a comisión correspondente non seleccione ningunha persoa candidata, ou nos centros de nova creación, a dirección será nomeada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, oído o Consello Escolar, por un período de dous anos, entre o profesorado que reúna os requisitos establecidos no artigo 2 desta orde, agás as alíneas e) e f).

A persoa nomeada deberá realizar a formación para o desenvolvemento da función directiva prevista no artigo 2.1.e) desta orde, agás que xa a posúa ou estivese exenta da súa realización.

Disposición adicional primeira. Impugnación da orde

Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, no prazo de dous (2) meses, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición adicinal segunda

Na valoración do proxecto de dirección aplicaranse os criterios establecidos no anexo IV.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Centros con praza vacante de dirección para o curso 2024/25

Código

Centro

Concello

Provincia

15004745

CEIP Plurilingüe Anxo da Garda

A Coruña

A Coruña

15023132

EOI da Coruña

A Coruña

A Coruña

15025611

IES Monte das Moas

A Coruña

A Coruña

15032303

CMUS Profesional da Coruña

A Coruña

A Coruña

15013163

EEI Fernández Varela

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

15025530

IES da Pobra do Caramiñal

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

15000016

CEIP Plurilingüe San Marcos

Abegondo

A Coruña

15000569

CEIP San Xosé Obreiro

Arteixo

A Coruña

15032376

EEI de Vilarrodís-Oseiro

Arteixo

A Coruña

15021767

IES Plurilingüe Castro da Uz

As Pontes de García Rodríguez

A Coruña

15025074

CEIP O Marbán

As Somozas

A Coruña

15001148

IES As Mariñas

Betanzos

A Coruña

15001616

CEIP de Escarabote

Boiro

A Coruña

15027851

IES A Cachada

Boiro

A Coruña

15032571

CRA de Boqueixón-Vedra Neira Vilas

Boqueixón

A Coruña

15025554

CEIP Emilio González López

Cambre

A Coruña

15026704

IES David Buján

Cambre

A Coruña

15023077

CEIP Plurilingüe de Gándara-Sofán

Carballo

A Coruña

15002852

CEIP do Pindo

Carnota

A Coruña

15027885

IES Lamas de Castelo

Carnota

A Coruña

15020970

CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro

Cerceda

A Coruña

15021809

CEIP Plurilingüe Sofía Casanova

Culleredo

A Coruña

15025633

CEIP Plurilingüe Os Casais

Fene

A Coruña

15021858

CEIP Plurilingüe Almirante Juan de Lángara y Huarte

Ferrol

A Coruña

15007621

CPI Plurilingüe Cabo da Area

Laxe

A Coruña

15008301

IES Urbano Lugrís

Malpica de Bergantiños

A Coruña

15008490

CEIP Víctor Sáenz

Mazaricos

A Coruña

15020854

CPI de Xanceda

Mesía

A Coruña

15019499

CEIP de Piñeiros

Narón

A Coruña

15023508

CEIP Plurilingüe Virxe do Mar

Narón

A Coruña

15022577

CEIP de Maciñeira

Neda

A Coruña

15010681

CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso

Noia

A Coruña

15011336

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Ordes

A Coruña

15011567

CEIP Plurilingüe de Sigüeiro

Oroso

A Coruña

15032509

CRA de Oroso

Oroso

A Coruña

15032868

CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés

Oroso

A Coruña

15020544

IES de Ortigueira

Ortigueira

A Coruña

15012717

CEIP Rosalía de Castro

Padrón

A Coruña

15013503

CEIP Couceiro Freijomil

Pontedeume

A Coruña

15027691

IES de Porto do Son

Porto do Son

A Coruña

15014180

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Rianxo

A Coruña

15014261

CEIP Heroínas de Sálvora

Ribeira

A Coruña

15014465

CEIP Plurilingüe de Palmeira

Ribeira

A Coruña

15021731

CEIP Plurilingüe de Frións

Ribeira

A Coruña

15014957

CPI de San Sadurniño

San Sadurniño

A Coruña

15015238

CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza

Santa Comba

A Coruña

15015998

CEIP Ramón Cabanillas

Santiago de Compostela

A Coruña

15025712

IES Antonio Fraguas Fraguas

Santiago de Compostela

A Coruña

15015676

CEIP de Prácticas López Ferreiro

Santiago de Compostela

A Coruña

15025724

CEIP Plurilingüe Os Tilos

Teo

A Coruña

15020994

CPI de Viaño Pequeno

Trazo

A Coruña

15018148

CPI de Atios

Valdoviño

A Coruña

15020921

CEIP de Présaras

Vilasantar

A Coruña

15026418

IES Terra de Soneira

Vimianzo

A Coruña

27010155

CEIP Plurilingüe da Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón

Lugo

27000010

CEIP Aquilino Iglesia Alvariño

Abadín

Lugo

27000319

CEIP Plurilingüe Concepción López Rey

Baleira

Lugo

27007958

CPI Luís Díaz Moreno

Baralla

Lugo

27016315

IES de Becerreá

Becerreá

Lugo

27013958

IES Monte Castelo

Burela

Lugo

27016509

IES Marqués de Sargadelos

Cervo

Lugo

27003655

CPI Poeta Uxío Novoneyra

Folgoso do Courel

Lugo

27016200

IES Poeta Díaz Castro

Guitiriz

Lugo

27014008

CPI Plurilingüe Tino Grandío

Guntín

Lugo

27006371

CEIP Anexa

Lugo

Lugo

27006383

CEIP A Ponte

Lugo

Lugo

27014665

CEIP Luís Pimentel

Lugo

Lugo

27006735

CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz

Meira

Lugo

27014847

CEIP Plurilingüe do Corgo

O Corgo

Lugo

27011032

CEIP de San Clodio

Ribas de Sil

Lugo

27013387

CEIP de Celeiro

Viveiro

Lugo

27020628

EOI de Viveiro Luz Pozo Garza

Viveiro

Lugo

32000356

CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo

Amoeiro

Ourense

32000708

CEIP Virxe de Guadalupe

Avión

Ourense

32015906

CEIP Pena Corneira

Carballeda de Avia

Ourense

32015268

CEIP Plurilingüe Otero Novas

Cortegada

Ourense

32006553

CEIP de Maceda

Maceda

Ourense

32006929

CPI Terras de Maside

Maside

Ourense

32008173

CEIP de Oímbra

Oímbra

Ourense

32009360

CPI Plurilingüe José García García

Ourense

Ourense

32015220

CEIP Vistahermosa

Ourense

Ourense

32015669

CEIP Mestre Vide

Ourense

Ourense

32011305

CEIP Plurilingüe de Ribadavia

Ribadavia

Ourense

32016042

CEIP de Sandiás

Sandiás

Ourense

36002335

IES Manuel Garcia Barros

A Estrada

Pontevedra

36016127

IES Plurilingüe Aquis Celenis

Caldas de Reis

Pontevedra

36024938

CRA de Caldas de Reis

Caldas de Reis

Pontevedra

36000478

CEP Antonio Magariños Pastoriza

Cambados

Pontevedra

36016103

CEIP de Corvillón

Cambados

Pontevedra

36001033

CEIP Plurilingüe San Roque de Darbo

Cangas

Pontevedra

36015950

CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán

Cangas

Pontevedra

36015111

CPI Aurelio Marcelino Rey García

Cuntis

Pontevedra

36018987

CRA Antía Cal

Gondomar

Pontevedra

36004496

CEIP Sequelo-Marín

Marín

Pontevedra

36004711

CEIP Plurilingüe Domaio

Moaña

Pontevedra

36004927

CPI de Mondariz

Mondariz

Pontevedra

36005087

CEIP Mondariz-Balneario

Mondariz Balneario

Pontevedra

36020131

IES de Mos

Mos

Pontevedra

36007539

CEIP Fermín Bouza Brey

Ponteareas

Pontevedra

36006134

CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez

Pontevedra

Pontevedra

36006730

IES Frei Martín Sarmiento

Pontevedra

Pontevedra

36014994

EEI Concepción Crespo Rivas

Pontevedra

Pontevedra

36018379

IES A Xunqueira II

Pontevedra

Pontevedra

36007643

CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas

Redondela

Pontevedra

36019566

IES de Chapela

Redondela

Pontevedra

36020337

IES de Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño

Pontevedra

36020350

IES Plurilingüe Pintor Colmeiro

Silleda

Pontevedra

36009524

CEP Pluriligüe Pedro Caselles

Tomiño

Pontevedra

36009755

CEIP Pazos de Reis

Tui

Pontevedra

36014775

CEIP Plurilingüe de Guillarei

Tui

Pontevedra

36015020

CEIP de Randufe

Tui

Pontevedra

36010101

CEIP Plurilingüe O Sello

Vigo

Pontevedra

36010137

CEIP Igrexa Candeán

Vigo

Pontevedra

36010204

CEIP Plurilingüe Párroco Don Camilo

Vigo

Pontevedra

36010265

EEI Cristo de la Victoria

Vigo

Pontevedra

36010423

CEIP Valle-Inclán

Vigo

Pontevedra

36010459

CEIP Josefa Alonso de Alonso

Vigo

Pontevedra

36011580

IES San Tomé de Freixeiro

Vigo

Pontevedra

36011634

IES Politécnico de Vigo

Vigo

Pontevedra

36015251

CEIP Plurilingüe Frián-Teis

Vigo

Pontevedra

36015810

CEIP Sobreira Valadares

Vigo

Pontevedra

36019670

IES do Castro

Vigo

Pontevedra

36020374

IES Valadares

Vigo

Pontevedra

36012377

CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas

Vila de Cruces

Pontevedra

36013588

CPI do Toural

Vilaboa

Pontevedra

36019451

CEIP A Escardia

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36013023

CEIP Plurilingüe de San Roque

Vilanova de Arousa

Pontevedra

ANEXO II

Méritos

Puntos

Documentación xustificativa

1. Antigüidade (máximo 5 puntos). Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica.

1.1. Por cada ano de servizos como persoal funcionario que superen os cinco exixidos como requisitos:

A fracción de mes computarase por 0,041 puntos

0,50

Certificación ou folla de servizos expedida pola xefatura territorial correspondente ou copia simple do título administrativo coas dilixencias das distintas tomas de posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como persoal funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2. Por cada ano de servizos como persoal funcionario noutros corpos ou escalas docentes que impartan algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

A fracción de mes computarase por 0,020 puntos

0,25

2. Desempeño da dirección de centros públicos e outros cargos directivos e de postos na Administración educativa (máximo 5 puntos). Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica.

2.1. Por cada ano como persoa titular da dirección dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

A fracción de mes computarase por 0,083 puntos

1

Copia simple do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.2. Por cada ano como persoa titular da dirección dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

A fracción de mes computarase por 0,041 puntos

0,50

2.3. Por cada ano como persoa titular dunha subdirección ou xefatura de servizo en postos da Administración educativa:

A fracción de mes computarase por 0,041 puntos

0,50

2.4. Por cada ano como persoa titular dunha vicedirección, subdirección, secretaría ou xefatura de estudos dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

A fracción de mes computarase por 0,041 puntos

0,50

2.5. Por cada ano como persoa titular dunha vicedirección, subdirección, secretaría ou xefatura de estudos dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

A fracción de mes computarase por 0,020 puntos

0,25

2.6. Por cada ano como persoa titular da xefatura de departamento, coordinación dos equipos de normalización lingüística, coordinación de ciclo, coordinación do proxecto Abalar, asesor/a Amtega, asesor/a CIEDIX, asesor/a CGIFP, coordinación de centro plurilingüe, coordinación de sección bilingüe, coordinación de auxiliares de conversa, responsable/coordinación do equipo de actividades complementarias e extraescolares, responsable/coordinación da dinamización das TIC, responsable/coordinación de biblioteca, responsable/coordinación da convivencia escolar, responsable da mellora da calidade educativa e de programas internacionais, coordinación do equipo de dinamización da lingua galega, coordinación de formación en centros de traballo, coordinación do bacharelato internacional, coordinación de emprendemento, coordinación de programas internacionais, coordinación de innovación e formación do profesorado, coordinación de biblioteca de centro integrado, coordinación de residencia, xefatura de seminario, departamento ou división de centros públicos docentes, asesoría de formación permanente, asesoría Abalar, asesoría Siega, dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

A fracción de mes computarase por 0,012 puntos

0,15

3. Méritos académicos: máximo 1 punto. Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica.

3.1. Por cada título de doutoramento:

0,50

Copia simple do título ou certificación do pagamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

3.2. Por cada título de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura distinto do alegado para o ingreso no corpo, ou polo certificado-diploma de estudos avanzados:

0,30

3.3. Por cada título de grao distinto do alegado para o ingreso no corpo

0,25

3.4. Por cada título de diplomatura universitaria ou equivalente distinto do alegado para o ingreso no corpo:

0,15

4. Cursos de formación: máximo 3 puntos. Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica.

Por cursos de formación relacionados coa función directiva organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións citadas con anterioridade, así como os organizados polas universidades: 0,05 puntos por cada 10 horas.

4.1. Por actividades e cursos recibidos:

Ata 2

Certificado deles en que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

4.2. Por cursos impartidos:

Ata 1

5. Corpo de catedráticos. Baremación de oficio desta epígrafe.

Por pertencer a un dos corpos de catedráticos regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,50

Baremación de oficio deste mérito.

6. Proxecto de dirección.

Polo proxecto de dirección:

Ata 12

Orixinal deste.

missing image file
missing image file