DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2024 Páx. 21950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Meis que supón a extinción da DH.B36.93430 (expediente DH.A36.95601).

En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común San Salvador de Meis.

Expediente: DH.A36.95601.

Volume total anual: 21.018,00 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 3,00 l/s.

Destino: rega.

Orixe: manancial na parcela 519, polígono 112 do Catastro de Meis.

Lugar: Casillaflor.

Parroquia: Meis.

Concello: Meis.

Descrición:

Preténdese realizar un pozo de barrena duns 60 metros de profundidade e unha caseta de formigón que aloxará unha bomba eléctrica conectada á rede de distribución de auga polo predio para a rega de cultivos.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra), solicitando cita previa ao enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 27 de febreiro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur