DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2024 Páx. 21920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 19 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN407A 2015/167-1, no concello de Zas.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada anexo 1, modificado 1, recuamento LMT, VIM-802, no lugar de San Tirso, no concello de Zas (expediente IN407A 2015/167-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 19 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/167-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: anexo 1, modificado 1, recuamento LMT, VIM-802, no lugar de San Tirso.

Concello: Zas.

Predio

Lugar

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

Depósito

Importe

5

Herbaliños

507

169

Descoñecida

449/2024

268,33 €