DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2024 Páx. 21916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 11 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2023/447-1).

Expediente: IN407A 2023/447-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: soterramento da LAMT LAR-703 Alvite 3 desde o apoio A4A9HN7E//46-32-A-6 ata o novo centro de transformación 15ACN6.

Concello: A Laracha.

1. Características técnicas:

Desconexión e desmontaxe (peche e desmantelamento) do CT intemperie Capilla (expediente 50.969/matrícula: 15ACN6), de 50 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, pertencente á arquitectura da liña LAR-703 e de toda a súa aparellaxe de media e baixa tensión.

Modificación do treito da liña LAR-703 rexistrado no expediente IN407A 2016/2321-1, de 349,5 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre o apoio núm. 46-32-A-5 (matrícula: A4DM0E55) de formigón tipo AC-AG-HV-1000/11 e o apoio núm. 46-32-A-8-CT (matrícula: A45UKJUL) no cal se atopa actualmente instalado o CT intemperie Capilla que se desmantelará, consistente en:

• Desconexión e desmontaxe do treito aéreo de 200 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre os apoios núm. 46-32-A-6 (matrícula: A4A9HN7E) de formigón e o apoio núm. 46-32-A-8-CT metálico tipo celosía. Esta operación implicará a retirada da rede dos apoios núm. 46-32-A-7 (matrícula: A487VHCW) de formigón e núm. 46-32-A-8-CT.

• Substitución do apoio núm. 46-32-A-6 (matrícula: A4A9HN7E) antes indicado, polo novo apoio metálico tipo FL-C-2000/14-H35-CA, respectando a súa actual situación na parcela con referencia catastral 15042A17100012, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 46-32-A-5, en que se proxecta a instalación do paso aero-soterrado (PA/S) e dos elementos de protección e manobra tipo SXS actualmente instalados no apoio que se vai substituír. Este novo apoio terá a condición de frecuentado.

Instalación, na parcela con referencia catastral 1756101NH3915N, sita no lugar de Goxán de Arriba, dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva).

Nova LMT soterrada, a 15 kV, de 293 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1 x 150 mm² Al), con orixe no paso aero-soterrado (PA/S) que se instalará no apoio núm. 46-32-A-6, unha vez substituído, e remate en cela de liña do novo CT proxectado.

Enlace coa rede de baixa tensión (RDBT) existente actualmente alimentada polo CT intemperie Capilla (expediente 50.969/matrícula: 15ACN6) que se desmantelará, mediante a instalación dun (1) circuíto soterrado de baixa tensión (RBTS), de 20 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1 × 240 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente que se realizará no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en apoio de formigón existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello da Laracha.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 11 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Soterramento da LAMT LAR-703 Alvite 3 desde o apoio A4A9HN7E//46-32-A-6
ata o novo centro de transformación 15ACN6

Relación de bens e dereitos afectados, concello da Laracha

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT

e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

José Carracedo

15042A17100012

Agra da Porta

Novo apoio

núm. 46-32-A-6

2

Labor ou labradío de

secaño

2

Miguel Palleiro Arijón e outros

1756101NH3915N

Goxán de Arriba

CT

9,82

Urbano. Solo sen edificar