DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2024 Páx. 21562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 7 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente 2022/50 ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a solicitud de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre AP BKHS7FT8 e AP 161.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Substitución dos apoios de madeira existentes núm. KCLCEO5//153, BKAVPBP6//154, BKA0APJJ//155, BK8CVXQ2//156, BK7FHDKI//157 da LAMT CHA811 Saviñao 11 por tres novos apoios, dous de celosía de tipo C-18/2000 e C-12/2000 e outro de chapa de tipo CH-630-11P. Cambio do condutor LA-30 existente por outro de tipo LA-56 entre os apoios BKHS7FT8 existente e BK7FHDKI//157 proxectado, cunha lonxitude de 491 m. Regulación do condutor existente entre o apoio BK7FHDKI//157 proxectado e o BK2TTAUD//161 existente.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 144 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello do Saviñao. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lat-o-savinao-2

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 7 de marzo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de predio

Titular proposto

Parcela

Afección

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Apoio

Voo

Políg.

Parc.

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

3

Hdros. Ramón Losada Gómez

132

354

Horta

Prado

38,35

5

Hdros. José Gallardo Quiroga

132

356

Horta

Prado

34,1

509,71

6

Isaura Expósito Vázquez

132

348

Carrasqueiras

Prado

14,43

307,48

7

Hdros. Javier Iglesias Vázquez

132

349

Horta

Prado

15,45

225,08

10

Descoñecido

132

347

Carrasqueiras

Prado

1

2,0

32,95

512,23

11

Isaura Expósito Vázquez

132

662

Carrasqueiras

Prado

25,13

354,38

12

Isaura Expósito Vázquez

132

663

Carrasqueiras

Prado

147,99

15

María Esperanza Losada Méndez

132

646

Carrasqueiras

Carballeira

43,62

20

Hdros. María Carmen López González

132

652

Carrasqueiras

Monte baixo

12,89

181,02

21

Hdros. Mª Vázquez Otero

132

651

Carrasqueiras

Monte baixo

20,14

274,79

24

Descoñecido

132

701

Carrasqueiras

Monte baixo

28,97

428,52