DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2024 Páx. 21344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2023/144-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se cita:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: LSAT 20 kV D.C. e novo CS telemandado Santa Cecilia.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas principais:

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV San Martiño (tramo 1), con orixe no apoio P1 (proxectado) tipo C-2000/16 e final no apoio 4BF05751 existente, cunha lonxitude de 194 metros de condutor tipo LA-110.

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV San Martiño (tramo 2), con orixe no apoio P2 (proxectado) tipo C-2000/14 e final no apoio 4BF05617 existente, cunha lonxitude de 144 metros de condutor tipo LA-110.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV S. Martiño, que provén do CT 5919 Carrís, con orixe no apoio proxectado P2 tipo C-2000/14 e final nunha cela do novo CS Santa Cecilia (proxectado), cunha lonxitude de 55 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV S. Martiño dirección CT 1456 Fazouro, con orixe nunha cela do CS Santa Cecilia (proxectado) e final no apoio proxectado P1 tipo C-2000/16, cunha lonxitude de 2.270 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV S. Martiño dirección CT 3946 Oirán, con orixe nunha cela do CS Santa Cecilia (proxectado) e final no apoio proxectado P2 tipo C-2000/14, cunha lonxitude de 55 metros, en condutor HEPRZ1-240mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV S. Martiño dirección CT 2380 Fortunato, con orixe nunha cela do CS Santa Cecilia (proxectado) e final no apoio proxectado P1 tipo C-2000/16, cunha lonxitude de 2.270 metros, en condutor HEPRZ1-240mm.

• Centro de seccionamento en edificio prefabricado Santa Cecilia, no cal se instalan catro celas de liña e unha de interruptor pasante telemandadas e unha de protección de fusibles con trafo para servizos auxiliares.

• Desmontaxe dun apoio de celosía metálica, un apoio de formigón e 338 metros de condutor tipo LA-110.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 534.701,01 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Foz.

• Separata para Augas de Galicia.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primera e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 14 de marzo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo