DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2024 Páx. 21266

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 19 de marzo de 2024 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade da Coruña.

Mediante a Resolución do 14 de xuño de 2021 (DOG do 25 de xuño) fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade da Coruña.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que «son membros natos do Consello Social o reitor/a da universidade, o secretario/a xeral e o/a xerente da universidade. Así mesmo, serán persoas membros un profesor ou unha profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal da administración de servizos, elixidos/as polo Consello de Goberno das universidades...». A duración do mandato dos membros do Consello Social sinalados neste punto será a establecida polos estatutos da universidade.

Con data do 11 de marzo de 2024, o Consello Social da Universidade da Coruña comunica á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a designación de Jerónimo Puertas Agudo como representante do profesorado en substitución de Salvador Naya Fernández.

De acordo co establecido no artigo 78 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, xúntase declaración xurada de compatibilidade dos novos membros.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece: «os acordos de designación de membros do Consello Social seranlle comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería».

A condición de persoa membro do Consello Social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear a Jerónimo Puertas Agudo representante do profesorado no Consello Social da Universidade da Coruña, en substitución de Salvador Naya Fernández.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades