DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 2024 Páx. 21248

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de notificación do procedemento de orde de execución para a xestión da biomasa (expediente 4683/2019).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC), intentada a notificación persoal sen que fora posible efectuala, notifícaselle á entidade propietaria das parcelas a seguinte Resolución da Alcaldía núm. 2023-3035, do 20 de decembro de 2023:

«I. Antecedentes.

1. Procedemento incoado para exixir o cumprimento das obrigas de xestión da biomasa derivadas da normativa tanto ambiental como urbanística de conservar e manter o solo natural e a masa vexetal nas condicións precisas que eviten a erosión e os incendios no camiño de Monterraso en Cedeira (referencias catastrais 36045A041015810000WU, 36045A041015820000WH, 36045A041025190000WA, 36045A041025210000WW e 36045A041025220000WA).

2. Trámite de audiencia sen que se presentasen alegacións.

II. Fundamentos de dereito.

Único. O artigo 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), no mesmo sentido do artigo 333 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG), establece que os concellos, de oficio ou por instancia de calquera interesado, mediante o correspondente expediente e logo da audiencia dos interesados, ditarán ordes de execución que obriguen os propietarios de bens inmobles a realizar as actuacións necesarias para dar debido cumprimento aos deberes sinalados no artigo 135 da LSG, en particular os de conservalos nas condicións legais de seguridade e salubridade.

Vistos os antecedentes e fundamentos xurídicos expostos, esta alcaldía

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a Promociones Illa de San Simón, S.L. que proceda á xestión da biomasa vexetal das parcelas coas referencias catastrais 36045A041015810000WU, 36045A041015820000WH, 36045A041025190000WA, 36045A041025210000WW e 36045A041025220000WA, no prazo de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da recepción da notificación.

Con carácter xeral, informámolo/la de que, no caso de implicar a corta de árbores nos terreos de natureza urbana, non será necesario ningún permiso, e nos terreos de natureza rústica ou non urbanizables será necesario presentar na sede electrónica da Xunta de Galicia a seguinte declaración responsable (que ten efecto no mesmo día da súa presentación):

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR604R&ano=2020&numpub=1&lang=es

Segundo. Apercibir a Promociones Illa de San Simón, S.L., propietaria da parcela, de que, de transcorrer o prazo antes sinalado sen se ter executado as medidas requiridas, se procederá á execución subsidiaria polo Concello de Redondela, ben a través de servizos propios, ben a través de empresa contratada para o efecto, con posterior repercusión dos custos en que se incorra, incluídos os de tramitación administrativa. Todo isto en aplicación do disposto no artigo 136.5 da LSG».

Redondela, 6 de marzo de 2024

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa