Antecedentes:
Pola Resolución do 30 de marzo de 2023, acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de José Álvarez Bóveda (ABI/2017/0065).
A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (Supl. N. núm. 96, do 22.4.2023), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 75, do 19.4.2023) e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Amoeiro e Ourense por un prazo non inferior a un mes.
Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, en que se acredita o seu falecemento, o 22 de maio de 2013, en Ourense, e que non outorgara testamento rexistrado. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no concello de Amoeiro, quedando xustificada formalmente a súa veciñanza civil galega.
Non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.
Das consultas efectuadas perante o Catastro Inmobiliario, no Índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte da masa hereditaria da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, e sen prexuízo da inclusión daqueloutros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.
A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.
Fundamentos xurídicos:
Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia. Artigos 267 e seguintes.
Código civil. Artigos 657 e seguintes.
Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas. Artigos 20.6, 20.bis.8.
Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Título III, artigos 147 e seguintes.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Decreto 113/2022, do 16 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública. Artigos 4 e 7.
Segundo o anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de José Álvarez Bóveda, con DNI 34488184Y, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.
Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:
a) Bens inmobles urbanos:
– Inmoble soar no lugar de Seixo, núm. 158, da parroquia de Bóveda de Amoeiro, no municipio de Amoeiro (Ourense), cunha superficie aproximada de 429 m2, sobre o que se asenta unha vivenda composta por un andar baixo, que consta dun pórtico e dous almacéns que ocupan 114 m2, e dunha primeira planta que ocupa 95 m2. Estrema: norte, parcela catastral núm. 207 e, en parte, parcela catastral núm. 217; sur, pista asfaltada; leste, parcela catastral núm. 217; e oeste, parcela catastral núm. 215 e camiño.
Referencia catastral: 32003A034002160001UK.
Valor catastral: 23.772,34 euros.
Inscrición rexistral: non consta.
– Inmoble no lugar de Seixo, municipio de Amoeiro (Ourense), parcela catastral núm. 215 do polígono 34, cunha superficie aproximada de 38 m2. Estrema: norte e leste, parcela catastral núm. 216; sur, pista asfaltada; oeste, camiño.
Referencia catastral: 32003A034002150000YI.
Valor catastral: 197,60 euros.
Inscrición rexistral: non consta.
– Inmoble no lugar de Arruxo, municipio de Amoeiro (Ourense), parcela catastral núm. 182 do polígono 28, cunha superficie aproximada de 919 m2. Estrema: norte, parcela catastral núm.180; sur, camiño parcela catastral núm. 9009; leste, parcela catastral núm. 181; e oeste, parcela catastral núm. 183 e pista asfaltada na súa cabeceira.
Referencia catastral: 32003A028001820001UY e 32003A028001820000YT.
Valor catastral conxunto: 1.491,28 euros.
Inscrición rexistral: non consta.
b) Bens inmobles rústicos:
– Municipio de Amoeiro (Ourense), identificados pola súa referencia catastral:
32003A028002950000YU
32003A028003800000YK
32003A028004750000YR
32003A028008630000YI
32003A034001630000YW
32003A036008340000YK
32003A036008500000YH
– Municipio de Ribadavia (Ourense), identificado pola súa referencia catastral:
32070A501000570000TW
c) Contratos e outros efectos bancarios:
– Abanca, conta de aforro: 2080 0400 1530 0009 2071.
– Abanca, conta de aforro: 2080 5251 4730 0133 3482.
– Abanca, conta a prazo: 2080 5251 4538 1213 1471.
– Abanca, conta a prazo: 2080 0400 1438 1001 0679.
– Santander, conta de aforro: 0030 6035 27 0768665273.
– Santander, conta de aforro: 0049 5230 91 2398261513.
– Santander, conta a prazo: 0049 5230 98 3025770395.
– Santander, conta a prazo: 0049 0210 59 3020000232.
– Santander, conta a prazo: 0049 0210 55 3020002051.
– Santander, fondo de investimento: 0049 5230 94 8020003121.
– Santander, fondo de investimento: 0049 5230 92 8020002005.
Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios
Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios dos concellos de Amoeiro, Ribadavia e Ourense.
Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración, ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución, poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública