DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 2024 Páx. 21240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 14 de marzo de 2024 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-38-23-110 e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos denunciados cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución dos procedementos administrativos sancionadores por infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado mediante a Resolución do 29 de agosto de 2018 no DOG núm. 177, do 17 de setembro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non se efectuar o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción pola vía executiva.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2024

Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI/CIF denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Importe da sanción

Sanc. 12-38-23-110

2255-GPY

Garda Civil

B-90323577

Estacionamento prohibido.

23.8.2023

16.55 horas

Muros (A Coruña)

Artigo 131.t ) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-02-23-43

6379-MFK

Gardapeiraos

22409031Q

Estacionamento prohibido.

5.7.2023

12.09 horas

O Carril (Pontevedra)

Artigo 131.t ) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-22-23-03

7ªBA-5-1048-91

Gardapeiraos

B-15825003

Atraque sen autorización.

7.8.2023

14.00 horas

Meira (Moaña) (Pontevedra)

Artigo 131.b) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-228

4990-GTK

Pafif

53179315A

Estacionamento prohibido.

21.7.2023

23.35 horas

Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-256

9823-LNX

Pafif

39466169D

Estacionamento prohibido.

22.11.2023

3.35 horas

Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-08-23-31

7798-HXT

Pafif

B-27767615

Estacionamento prohibido.

22.8.2023

18.25 horas

O Grove (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-38-23-30

4568-GLP

Gardapeiraos

39462217J

Estacionamento prohibido.

7.8.2023

15.00 horas

Cobres (Santo Adrán) (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 14-03-23-03

Garda Civil

33336016T

Acampada prohibida.

15.7.2023

11.50 horas

Foz (Lugo)

Artigo 131.p) e u) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

150 €