DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 2024 Páx. 20978

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral fixo para dúas prazas de administrativo/a.

De conformidade co establecido nas bases xerais reguladoras dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal do Concello de Fene, e unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía 171/2024, do 22 de febreiro, Ana María Castaño Camejo, con DNI ***5238**, e Marta Rodríguez Fernández, con DNI ***1440**, foron nomeadas persoal laboral fixo do Concello de Fene para dúas prazas de administrativo, coa clasificación: segundo convenio, equivalente subgrupo C1, e incluídas na oferta de emprego público do ano 2021.

As persoas interesadas poden consultar o texto íntegro da resolución en:

https://sede.fene.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2024/ANUNCIO_PROG_20240223163000090.html

Fene, 26 de febreiro de 2024

Juventino José Trigo Rey
Alcalde