DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 2024 Páx. 20974

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

3.7.2023

15029A00600656

006

00656

Descoñecida

5.7.2023

15029A02000248

020

00248

Descoñecida

5.7.2023

15029A02300767

023

00767

Descoñecida

27.6.2023

15029A02700200

027

00200

Descoñecida

10.7.2023

15029A03000950

030

00950

Descoñecida

17.7.2023

15029A04200011

042

00011

Descoñecida

11.7.2023

15029A06800078

068

00078

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se impoñerá por multa coercitiva será de 100 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

2023/15029A00600656

15029A00600656

0,0501

3.545,82 €

177,58 €

2023/15029A02000248

15029A02000248

0,1197

874,91 €

104,72 €

2023/15029A02300767

15029A02300767

0,2433

3.545,82 €

862,77 €

2023/15029A02700200

15029A02700200

0,0542

3.545,82 €

192,29 €

2023/15029A03000950

15029A03000950

0,0405

874,91 €

35,45 €

2023/15029A04200011

15029A04200011

0,1135

3.545,82 €

402,45 €

2023/15029A06800078

15029A06800078

0,0180

874,91 €

15,74 €

4º. A falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no que poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da Xefatura Territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no 22.2 da Lei 3/2007.

Coristanco, 29 de febreiro de 2024

Juan Carlos García Pose
Alcalde