DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 2024 Páx. 20940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2023/111-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: nova LSAT 20 kV Centrais desde SE Magazos, C.S. Souto da Retorta e CT Rúa Nova, que se intercalará na LAT Vestas.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Centrais en canalización existente e proxectada, con orixe na subestación de Magazos e final no CS Souto da Retorta (proxectado), cunha lonxitude de 4.625 metros, en condutor HEPRZ1-240mm.

Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Centrais en canalización existente e proxectada, con orixe no CS Souto da Retorta (proxectado) e final no apoio existente A85320, cunha lonxitude de 210 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Vestas en canalización existente e proxectada, con orixe no CS Souto da Retorta (proxectado) e final no apoio existente A85320, cunha lonxitude de 210 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Vestas en canalización existente e proxectada, con orixe nun empalme proxectado no punto B do plano 05.1 e final no CT Rúa Nova proxectado, cunha lonxitude de 90 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm, desprazamento de 120 metros de condutor que proveñen do CT 1436 Calvoso Chavín e do PAS situado no apoio A26520, e conexión destes no CT Rúa Nova proxectado.

• Centro de seccionamento prefabricado Souto da Retorta, no cal se instalan tres celas de liña e unha cela de interruptor automático telemandadas e unha cela de alimentación a servizos auxiliares.

• Centro de transformación prefabricado 7040 Rúa Nova, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA, no cal se instalan tres celas de liña telemandadas e unha cela de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe de 4 apoios de formigón, 295 metros de condutor RHZ1-150, 380 metros de condutor RHZ1-240, 300 metros de condutor LA-30 mm e do CT 4297 Magazos.

Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

Orzamento: 423.389,54 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Viveiro.

• Separata para Augas de Galicia.

• Separata para a Consellería de Cultura.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

• Separata para a Axencia Galega de Infraestruturas.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 7 de marzo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo