DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 2024 Páx. 20757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de marzo de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 11 de marzo de 2024 relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común de Lombo do Corgo, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Brandela, Cerdeira, A Graña e Fondo de Vila, no concello de Xunqueira de Ambía.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (MVMC) de Lombo do Corgo, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) da parroquia de Brandela, Cerdeira, A Graña e Fondo de Vila, no concello de Xunqueira de Ambía, resultan os seguintes:

Feitos:

Primeiro. O 30.9.2022 a CMVMC de Brandela, Cerdeira, A Graña e Fondo de Vila presentou unha solicitude (Rexel núm. 2022/2412768) de revisión parcial de esbozo do MVMC Lombo do Corgo, no concello de Xunqueira de Ambía.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral do 30.10.2021.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 18 de maio de 2023 en relación coa citada solicitude. Nel indícase que o perímetro obxecto da revisión de esbozo é o perímetro lindeiro con particulares, quedando varias zonas sen aclarar, pois aparecen dúbidas de propiedade non resoltas pola comunidade do monte. Estas zonas únense polo parcelario catastral manténdose o máis próximo posible á clasificación orixinal, o máis semellante posible a como estaban antes do presente revisión de esbozo, e permanecen a todos os efectos como zonas sen revisar.

A superficie do MVMC Lombo do Corgo resultante, tras unir o esbozo parcial presentado segundo o punto 3, resulta de 185,47 ha fronte as 206 ha da clasificación, o que supón unha redución de superficie dun 10 %. A anterior dixitalización da carpeta ficha tiña 195 ha, o que suporía unha redución dun 5 %.

Tendo en conta o anterior, infórmase favorablemente a revisión do esbozo do MVMC Lombo do Corgo.

Consideracións legais e técnicas:

Único. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con esta, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular, os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 18 de maio de 2023, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 20 de febreiro de 2024:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Lombo do Corgo, pertencente á CMVMC de Brandela, Cerdeira, A Graña e Fondo de Vila, no concello de Xunqueira de Ambía.

Ourense, 11 de marzo de 2024

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense