DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 2024 Páx. 20199

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 20 de marzo de 2024 pola que se convocan axudas propias para a mobilidade de persoal investigador desta universidade para o ano 2024.

BDNS (Identif.): 749011.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/749011

BDNS (Identif.): 749011.

Primeiro. Persoas beneficiarias

Grupo 1:

– Alumnado de doutoramento. Quen sexa beneficiaria ou beneficiario dunha axuda de apoio á etapa predoutoral non poderá solicitar axuda para a mesma estadía para a cal ten concedido financiamento autonómico ou estatal.

Grupo 2:

– Persoal investigador contratado no marco de calquera programa competitivo de persoal investigador predoutoral en formación que se atope no período de orientación posdoutoral (POP).

Segundo. Modalidades

Modalidade A: bolsas para viaxes.

Modalidade B: bolsas para estadías en centros de investigación.

Terceiro. Obxecto

O obxecto desta convocatoria é financiar parcialmente os desprazamentos para presentar resultados de investigación e as estadías en centros de investigación ou empresas, no caso de programas coa mención de «Doutoramento industrial», de fóra de Galicia do persoal investigador que cumpra os requisitos sinalados, co obxectivo de contribuír ao intercambio de coñecemento e á mellora e internacionalización da súa actividade investigadora.

Cuarto. Bases reguladoras

Resolución do 20 de marzo de 2024 pola que se convocan axudas propias para a mobilidade do persoal investigador desta universidade para o ano 2024.

Quinto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de oitenta mil euros (80.000 €) con cargo á aplicación orzamentaria 2024 00VI 131H 481.01.

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o día 21 de marzo ata o 24 de abril de 2024.

Vigo, 20 de marzo de 2024

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución 31.10.2023; DOG do 10 de novembro)
Belén Rubio Armesto
Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación