DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 2024 Páx. 20201

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de marzo de 2024 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro).

Advertido erro na resolución antes citada, na versión en galego, publicada no Diario Oficial de Galicia número 56, do 19 de marzo de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 19734, no sumario, onde di: «RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2014...», debe dicir: «RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024...».