DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 2024 Páx. 20370

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paderne

ANUNCIO de notificación en materia de xestión da biomasa.

Sendo preciso o cumprimento da obrigación de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, ou non sexa posible a notificación dos interesados, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, e queda a eficacia do acto notificado supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

Por medio deste anuncio comunícaselles e requíreselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas, concedéndolles un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo, co apercibimento de que, en caso de persistencia no incumprimento, pasado este prazo, o concello poderá impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres meses, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos:

Expediente núm.

Ref. catastral

Acto notificado

Interesado/a/DNI

2022/X999/000486

15065A003000020000JJ

Decreto 52.2024, do 31.1.2024

Herdeiros Manuela Ramallo del Río

2023/X999/000154

15065A018003090000JL

Decreto 214.2023, do 12.6.2023

Herdeiros Luis Vilar Crespo

2023/X999/000154

15065A018003260000JE

Decreto 214.2023, do 12.6.2023

Consuelo García Pedreira

2022/X999/000481

15065A504051180000HJ

Decreto 96.2024, do 23.2.2024

José María Etchevarría de la Muela

2022/X999/000417

15065A006000780000JT

Decreto 103.2024, do 26.2.2024

Fernando Anido

2022/X999/000417

15065A006000770000JL

Decreto 104.2024, do 26.2.2024

En investigación

2022/X999/000417

15065A006000760000JP

Decreto 98.2024, do 26.2.2024

Manuel Míguez

2021/X999/000392

15065A006004390000JI

Decreto 95.2024, do 23.2.2024

En investigación

Paderne, 29 de febreiro de 2024

Sergio Platas Casal
Alcalde