Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT TRO708, CT Toural, no concello de Vigo, que figuran no cadro anexo.
A persoa interesada poderá solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberá achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 8 de marzo de 2024
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/093-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT TRO708, CT Toural.
Concello: Vigo.
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Data ocupación |
Depósito previo |
1 |
5074721NG2757S0001AX |
Descoñecido |
20 de abril de 2024 |
2024/54/110 |