DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 2024 Páx. 20334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2023/7-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que se achega con este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de telecontrol en LMT SIG808 apoio AA0VK4DB//59-B2, no concello de Trazo (expediente IN407A 2023/7-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o su DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 8 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/7-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT SIG808 apoio AA0VK4DB//59-B2.

Concello: Trazo.

Nº de
predio

Concello

Lugar

D. catastrais

Titular

Data

Hora

1

Trazo

Zabuceda

Polígono: 502

Parcela: 438

Descoñecido

12.6.2024

10.15