DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 2024 Páx. 20065

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

EDICTO de execución subsidiaria para o cumprimento de xestión da biomasa forestal por incumprimento dos obrigados.

En exercicio da facultade conferida polo artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, faise público que, mediante o Decreto 2004/0209, do 1 de febreiro de 2024, resolveuse o que segue:

Primeiro. Incoar expediente para a execución subsidiaria da xestión da biomasa, contra o titular catastral das parcelas 27067A030000420000XP e 27067A030000460000XM, situadas no lugar da Lavandeira-Carballide, na parroquia de Vieiro, Viveiro.

Segundo. En aplicación do previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, considérase que a limpeza xerará os custos que se detallan:

Nº de expediente

Ref. catastral

Data de notificación

Situación

Superficie (m²)

Liquidación provisional dos traballos

Persoa responsable

8990/2023

27067A030000420000XP

5.12.2023

Polígono 30, parcela 42 Carballide, Vieiro, Viveiro (Lugo)

3.184

423,47

76535763C

27067A030000460000XM

5.12.2023

Polígono 30, parcela 46 Carballide, Vieiro, Viveiro (Lugo)

1.724

229,30

Terceiro. Serve este edicto como liquidación provisional dos custos que deberán aboar os obrigados, constituíndo o decreto liquidación en voluntaria, cos prazos previstos na Lei xeral tributaria que logo se determinarán, sen prexuízo da liquidación definitiva que remitiremos unha vez rematados os traballos de roza.

Cuarto. Os titulares identificados no expediente, e sinalados aquí cos seus números de documento nacional de identidade, están obrigados ao cumprimento da orde de execución e, por extensión, ao pagamento dos gastos que a execución subsidiaria supoña para esta administración.

Quinto. Ordenar a publicación de anuncio da presente resolución no BOE e no DOG, polo que respecta aos titulares obrigados, que substituirá as notificacións persoais, por estar ausente na repartición nos dous intentos efectuados, segundo o xustificante de recepción devolto polo servizo de Correos.

O que se publica para coñecemento dos obrigados en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, facéndoselles saber que:

Se concede un prazo de quince (15) días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, para que os solicitados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e/ou presenten as alegacións que consideren oportunas.

Polo que respecta á liquidación provisional dos custos de xestión da masa forestal, en voluntaria, que ascende ás cantidades que se identifican en cada caso, requíreselles o pagamento mediante ingreso na conta bancaria municipal aberta a nome do Concello de Viveiro en Caixabank co número ES79-2100-4330-62-0200001100, nos seguintes prazos:

Se a notificación se recibe nos días 1 a 15 do mes, o prazo remata o día 20 do mes seguinte.

Se a notificación se recibe nos días 16 a último do mes, o prazo remata o día 5 do segundo mes natural seguinte.

De ser día inhábil o último día do prazo, este estenderase ata o seguinte día hábil.

En caso de falta de pagamento nos prazos indicados, abrirase o período executivo de pagamento, coa aplicación das recargas do período executivo que regula o artigo 65 da Lei 58/2003, xeral tributaria.

Viveiro, 27 de febreiro de 2024

María Loureiro García
Alcaldesa