DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19731

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 7 de marzo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 22 de xuño de 2022, polo que se fan públicas as cualificacións do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 7 de marzo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 22 de xuño de 2022 (DOG núm. 121, do 27 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, e unha vez efectuada a corrección do terceiro exercicio do proceso selectivo, publicar as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes convocadas:

DNI

Apelidos e nome

Cualificación 3º exercicio

***9977**

Lemos Monroy, Lina

Apto/a

***7191**

Espiña González, Sara

Apto/a

***6737**

Fontenla Piñeiro, María Dolores

Apto/a

***3737**

González Míguez, Vanesa

Non presentado/a

***6766**

Lobelos Suárez, Rosa María

Apto/a

***1663**

Romero Martínez, Diego Ezequiel

Apto/a

***9952**

Trabazo Caballero, Ana Estefanía

Non presentado/a

Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2024

Dolores Veiga Gondelle
Presidenta do tribunal