DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19732

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, no corpo facultativo de grao superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de minas, convocado pola Orde do 30.3.2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril de 2022).

En sesión que tivo lugar o 7 de marzo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de minas (modificada pola Resolución do 9 de maio de 2023, publicada no DOG núm. 91, do 12 de maio), convocado pola Resolución do 30.3.2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), acordou:

Primeiro. Declarar as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio exentas de realizar o terceiro exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.3 da convocatoria, salvo un aspirante de acceso libre, que o superou coa cualificación de apto.

Segundo. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo con indicación do seu DNI (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2024

María Dolores Pérez Ayuso
Presidenta do tribunal

ANEXO

Promoción interna

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

Total

***1366**

Colmenero Guzmán, Manuel Aurelio

26,71

31,93

Exento

58,64

Acceso libre

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

Total

***4436**

Menéndez Secades, Pablo

31.94

32.50

Apto

64.44

***9422**

Negreira Pazos, María Teresa

29.10

34.17

Exento

63.27

***1539**

Barros Moure, Iago

28.12

33.95

Exento

62.07