DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19723

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 1 de marzo de 2024, do tribunal nomeado pola Resolución do 5 de outubro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 192, do 9 de outubro, con corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia número 193, do 10 de outubro), encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro, con publicación de corrección de erros no Diario Oficial de Galicia número 64, do 31 de marzo), pola que se dá publicidade a un acordo.

Na sesión que tivo lugar o día 1 de marzo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de outubro de 2023 (DOG núm. 192, do 9 de outubro, con corrección de erros publicada no DOG núm. 193, do 10 de outubro), encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro, con publicación de corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo).

De conformidade co disposto na base III.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de apto ou non apto. Para estes efectos, na propia convocatoria estableceuse que este exercicio consistía en camiñar 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 kg ás costas nun tempo máximo de 30 minutos. Para a cualificación de apto requírese, polo tanto, a superación da proba no tempo establecido.

En consecuencia,

ACORDOU:

Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 20 de febreiro de 2024, correspondente ao segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro, con publicación de corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo), no portal web da Xunta de Galicia www.funcionpublica.xunta.gal

De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación realizarase a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

De conformidade co disposto na base V.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024

Carlos Calzadilla Bouzón
Presidente do tribunal