DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19746

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2024 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas, excluídas e que renunciaron no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a técnico/a forestal nesta axencia.

A resolución pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas, excluídas e que renunciaron ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a técnico/a forestal (categoría VII) correspondente a dúas prazas no Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira CIS-Madeira (San Cibrao das Viñas, Ourense) na Área de Innovación Forestal (Resolución do 27 de decembro de 2022; DOG núm. 246, do 28 de decembro), poderá consultarse no portal web corporativo da Axencia Galega de Industria Forestal.

De conformidade co previsto nas bases da citada convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar, de ser posible, o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden, de ser posible, as causas que motivaron a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización do proceso.

Figuran como anexos a este anuncio os seguintes:

– A listaxe de persoas aspirantes admitidas.

– A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura, así mesmo, como anexo a este anuncio.

– A listaxe de persoas aspirantes que renunciaron ao proceso.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024

Jacobo José Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO I

Relación provisional de persoas aspirantes admitidas

Grupo II, categoría 7.

Apelidos e nome

NIF

Louzán Méndez, Ana Isabel

***2415**

Rodríguez Ogea, Montserrat

***6848**

Soilán Cañas, María Azahara

***4143**

Gómez Arias, Francisco Javier

***2050**

Lima Riveiro, Joaquín

***7487**

ANEXO II

Relación provisional de persoas espirantes excluídas

Grupo II, categoría 7.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Ogando Parada, Beatriz

***7909**

I.3.3, letra e)

Durán Rivas, Blanca

***7977**

I.3.2

Cód.

Causa da exclusión

I.3.2

Solicitude fóra de prazo.

I.3.3, letra e)

Falta documentación xustificativa de ter aboado a taxa correspondente ou documento xustificativo de estar exento total ou parcialmente desta.

ANEXO III

Relación provisional de persoas que renunciaron ao proceso

Grupo II, categoría 7.

Apelidos e nome

NIF

Data da renuncia

Mártil del Toral, Mª Jesús

***3262**

27 de febreiro de 2023