DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19612

II. Autoridades e persoal

c) Substitucións

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 38/2024, do 18 de marzo, polo que se asume pola Presidencia da Xunta de Galicia o despacho dos asuntos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade durante a vacante do/da seu/súa titular.

Ao atoparse vacante a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, procede adoptar unha solución temporal ata a designación dunha persoa titular, tendo en conta a situación actual do goberno en funcións, tras a celebración de eleccións ata a toma de posesión da nova Xunta de Galicia. 

Polo exposto, de acordo co artigo 26.3 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, que establece que lle corresponde á Presidencia dirixir e coordinar a acción de goberno e asegurar a súa continuidade,

DISPOÑO:

Artigo un. A Presidencia da Xunta de Galicia encargarase temporalmente do despacho dos asuntos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ata a designación da persoa titular.

Artigo dous. Para o exercicio das funcións previstas no artigo anterior, a Presidencia da Xunta de Galicia contará co apoio e asistencia técnica da Secretaría Xeral da Presidencia, de acordo co previsto no artigo 3 do Decreto 108/2022, do 16 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de marzo de dos mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente