DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19454

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2024 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2024 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP,

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2024

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos das persoas participantes

1. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal empregado público ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, o persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estea prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia, que se atope en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Está exceptuado o persoal das escalas dos corpos da policía local e bombeiros.

2. Para as actividades impartidas nunha modalidade que inclúe teleformación, as persoas interesadas deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán ademais cun manual de usuario na ligazón https://egap.xunta.gal/ecloud/index.php/s/ZKijmeiZ5ypS3jd onde se explica como acceder á plataforma de telepresenza e se describen os compoñentes que o equipo necesita para un funcionamento básico da plataforma.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 27 de marzo de 2024.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se poden solicitar limítase a catro.

4. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha o varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades. Cando o/a alumno/a teña coñecemento de que foi seleccionado/a para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionado/a debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que se realizaron simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas, e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

8. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), de acordo cos criterios de selección, deben cubrir na súa área de matrícula todos os campos marcando o recadro de verificación de que están nalgunha destas situacións específicas e remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

Cuarta. Protección de datos persoais e comprobación de datos

1. Os datos persoais proporcionados polas persoas interesadas para a xestión das solicitudes de participación na acción formativa convocada a través desta resolución, así como aqueles outros que se recollan ou elaboren con motivo do desenvolvemento desta, serán tratados pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de levar a cabo a selección do alumnado, a impartición da formación e a xestión xeral desta.

A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme o disposto no artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), con base no disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública e fundamentada nun interese público esencial (artigo 9.2.g) do RXPD). Os datos identificativos das persoas seleccionadas para participar nesta acción formativa serán publicados conforme o detallado na base sexta desta resolución. Así mesmo, os datos dos alumnos e alumnas relativos a súa participación nesta acción formativa poderán ser comunicados aos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.

As sesións dos cursos impartidos na modalidade de telepresenza serán gravadas coa finalidade de ofrecer ao alumnado a posibilidade do seu visionado posterior como material de estudo, así como para a resolución de posibles reclamacións. En todo caso, o alumnado, se o considera oportuno, poderá desactivar a súa cámara e/ou micrófono e participar a través do chat de acordo coas indicacións da persoa docente. As devanditas gravacións conservaranse á disposición do alumnado e profesorado durante o tempo que dure a acción formativa ou, se é o caso, ata que finalice a avaliación do alumnado. A retransmisión das sesións formativas, e a gravación destas, poderá ser accesible unicamente ao profesorado e alumnado á que van dirixidas e ao persoal da EGAP autorizado.

Prohíbese expresamente a descarga, a difusión, a distribución ou a divulgación das gravacións, e particularmente a súa compartición en redes sociais, xa que estes usos poden conculcar o dereito á protección de datos, o dereito á propia imaxe e os dereitos de propiedade intelectual, e poderían xerar responsabilidade disciplinaria, administrativa ou civil. As gravacións non poderán ser usadas para outros fins fóra do ámbito docente.

As persoas interesadas poderán solicitar ante a persoa responsable do tratamento o acceso, a rectificación, a limitación e a supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

2. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes desta acción formativa necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios de selección que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 10 de maio de 2023 (DOG núm. 96, do 23 de maio), corrección de erros (DOG núm. 130, do 10 de xullo 2023 e DOG núm. 148, do 4 de agosto de 2023), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «persoal destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.

Terán preferencia os funcionarios con habilitación de carácter nacional naqueles cursos que vaian dirixidos a eles expresamente.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2024 segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 31 de xaneiro (DOG núm. 29, do 9 de febreiro), comezarase pola letra H.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para formalizar a renuncia poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

O prazo para presentar escrito de renuncia iniciarase ao día seguinte do remate do prazo de matrícula e finalizará tres días antes do inicio da actividade formativa.

b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:

1º. Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

2º. Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte das persoas responsables dos centros directivos.

3º. Por razóns de conciliación familiar.

4º. Por outras causas xustificadas documentalmente.

3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:

3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1º. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2º. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3.2. Seguimento das actividades de teleformación.

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar as actividades formativas, será necesario cumprir os seguintes requisitos.

a) Para as actividades presenciais e telepresenciais: cumprir coa porcentaxe de asistencia indicada no punto 3.1, letra c), e superar unha proba de avaliación, que se realizará ao final delas. Para as actividades telepresenciais a proba será en liña.

b) Para as actividades de teleformación:

– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final en liña.

– A superación dunha proba de avaliación final.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades as probas de avaliación finais serán en liña. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que lle afecten á súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Persoal destinatario

Horas

Prazas

Valoración

Modalidade/ localidade

Data de inicio

Data de remate

Data e hora do exame final

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

LO24003

A implantación da Administración electrónica na Administración local

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

25

50

Estatal 0,50

Teleformación

22.5.2024

16.6.2024

19.6.2024 17.30 h

LO24003

A implantación da Administración electrónica na Administración local

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

25

50

Estatal 0,50

Teleformación

14.10.2024

8.11.2024

12.11.2024 17.30 h

LO24008

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

30

50

Teleformación

8.4.2024

7.5.2024

13.5.2024 19.00 h

LO24008

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

30

50

Teleformación

10.9.2024

10.10.2024

15.10.2024 18.00 h

LO24014

Ofimática na nube Google Drive

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

30

50

Teleformación

6.5.2024

7.6.2024

12.6.2024 18.00 h

LO24019

Seguridade da información no ámbito da administración local

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

30

50

Teleformación

22.5.2024

21.6.2024

26.6.2024 19.00 h

LO24019

Seguridade da información no ámbito da administración local

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

30

50

Teleformación

24.10.2024

24.11.2024

28.11.2024 18.30 h

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

LO24006

Atención á cidadanía

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

25

50

Teleformación

16.9.2024

10.10.2024

15.10.2024 16.30 h

LO24016

Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

25

50

Teleformación

3.6.2024

27.6.2024

1.7.2024 16.30 h

LO24017

Protocolo e organización de eventos na Administración pública local.

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

25

50

Teleformación

15.4.2024

10.5.2024

14.5.2024 00.00 h

LO24021

Xestión do tempo de traballo e do teletraballo.

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

20

50

Teleformación

27.5.2024

17.6.2024

20.6.2024 17.30 h

LO24024

Explotación estatística do sistema de información de usuarios dos servizos sociais (SIUSS) e a súa vinculación co plan concertado

Persoal dos servizos sociais comunitarios municipais da Comunidade Autónoma de Galicia con responsabilidades de xestión de datos no sistema de información de usuarios de servizos sociais (SIUSS).

8

16

Presencial Santiago de Compostela

22 de maio, das 9.30 ás 14.30 h e das 16.30 ás 19.30 h

22.5.2024 19.00 h

LO24026

Sistema de información de usuarios dos servizos sociais-Troncal

Persoal dos servizos sociais comunitarios municipais da Comunidade Autónoma de Galicia con responsabilidades de xestión de datos no sistema de información de usuarios de servizos sociais (SIUSS).

8

16

Presencial Santiago de Compostela

12 de xuño, das 9.30 ás 14.30 h e das 16.30 ás 19.30 h

12.6.2024 19.00 h

Lingua galega

LO24018

Redacción de documentos

técnico-xurídicos en galego

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

15

50

Teleformación

20.5.2024

6.6.2024

10.6.2024 18.00 h

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

LO24012

O financiamento do urbanismo en Galicia

Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

30

50

Estatal 0,50

Autonómica 0,30

Teleformación

14.10.2024

14.11.2024

19.11.2024 17.00 h

Réxime xurídico e xestión das entidades locais

LO24004

A incidencia da reforma laboral nas entidades locais

Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

25

50

Estatal 0,50

Teleformación

27.5.2024

21.6.2024

26.6.2024 18.00 h

LO24005

A Lei de contratos do sector público. os procedementos de contratación nas entidades locais

15.5.2024 19.00 h

1.10.2024

26.10.2024

30.10.2024 17.00 h

LO24007

Fiscalización e control da actividade de entes locais

Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

30

50

Estatal 0,50

Teleformación

6.5.2024

7.6.2024

12.6.2024 17.00 h

LO24009

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

25

50

Estatal 0,50

Teleformación

20.5.2024

14.6.2024

18.6.2024 17.00 h

LO24009

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

25

50

Estatal 0,50

Teleformación

23.9.2024

18.10.2024

23.10.2024 17.00 h

LO24010

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

25

50

Estatal 0,50

Teleformación

27.5.2024

21.6.2024

26.6.2024 17.00 h

LO24010

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

25

50

Estatal 0,50

Teleformación

4.11.2024

28.11.2024

3.12.2024 18.00 h

LO24011

Liquidación práctica dos tributos locais

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

25

50

Teleformación

14.10.2024

8.11.2024

13.11.2024 18.00 h

LO24013

O réxime xurídico das subvencións das entidades locais. Especial referencia ao control interno

Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

25

50

Estatal 0,50

Autonómica 0,30

Teleformación

12.9.2024

11.10.2024

16.10.2024 17.00 h

LO24015

Persoal laboral temporal na Administración local. Procedementos de consolidación de emprego e funcionarización

Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

30

50

Estatal 0,50

Autonómica 0,30

Teleformación

15.4.2024

15.5.2024

21.5.2024 17.00 h

LO24020

Xestión de tesouraría municipal

Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

30

50

Estatal 0,45

Teleformación

16.9.2024

17.10.2024

21.10.2024 17.00 h

LO24022

Xestión dos Fondos Next Generation no ámbito local

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

25

50

Estatal 0,50

Autonómica 0,30

Teleformación

22.4.2024

18.5.2024

22.5.2024 17.30 h

LO24023

Xestión orzamentaria en entidades locais

Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

30

50

Estatal 0,45

Autonómica 0,30

Teleformación

24.10.2024

24.11.2024

28.11.2024 18.00 h

LO24025

O sistema de contabilidade pública. Contabilidade de custos. Inventario contable

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

15

30

Estatal 0,50

Presencial Santiago de Compostela

20, 21, 22, 28 e 30 de maio, das 16.30 ás 19.30 h

30.5.2024 19.00 h

LO24027

Elaboración de pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas na Administración local

Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

30

50

Estatal 0,50

Teleformación

23.9.2024

24.10.2024

24.10.2024 17.30 h

LO24028

Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

20

35

Telepresenza

17, 19, 24 e 26 de setembro; e 1 e 3 de outubro,

das 17.00 ás 20.00 h

3.10.2024 19.30 h

LO24029

As licenzas urbanísticas no ámbito local

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

30

20

Estatal 0,50

Autonómica 0,30

Presencial Santiago de Compostela

11, 15, 17, 18, 22, 23, 25 e 30 de abril,

das 16.00 ás 19.45 h

30.4.2024 19.15 h

LO24030

Control de rastrexabilidade en materia de residuos

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

25

30

Presencial Santiago de Compostela

24 de setembro,

das 10.00 ás 14.00 h; e 26 de setembro e 1, 3, 8, 10, 15 e 17 de outubro, das 10.00 ás 13.00 h

17.10.2024 12.30 h

LO24031

Lei 9/2021 de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia nas entidades locais

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

15

30

Estatal 0,50

Autonómica 0,30

Presencial Santiago de Compostela

15 de outubro,

das 16.30 ás 20.30 h

17 e 22 de outubro,

das 16.30 ás 20.00 h

24 de outubro,

das 16.30 ás 20.30 h

24.10.2024 20.00 h