DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete ao trámite de información pública a solicitude de autorización de verteduras no expediente de clave DH.V15.98107.

O Concello de Mañón, de conformidade co artigo 245 do Regulamento do dominio público hidráulico, solicita autorización para a vertedura dun caudal máximo de 25.550 m3/ano de augas residuais domésticas depuradas procedentes do sistema de depuración asentado no lugar de Pastoriza-As Ribeiras do Sor (TM Mañón).

As augas residuais domésticas recollidas no saneamento dos núcleos da Falcoeira, A Venta, As Augas, As Insuas, Barral, Muíños, Pastoriza, Reboredo e Sión, todos eles pertencentes á parroquia das Ribeiras do Sor, son tratadas nun sistema de depuración compacto de decantación-dixestión con filtro biolóxico deseñado para 350 habitantes equivalentes, localizado no lugar de Pastoriza.

As augas residuais domésticas depuradas vértense ao rego Pastoriza (cunca do río Sor) mediante condución de polipropileno no punto de coordenadas UTM (datum ETRS89): X=603.999; Y=4.839.877.

O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte día ao da data da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que as persoas interesadas poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia, en cuxo portal da internet (https://augasdegalicia.xunta.gal/) se atopa exposto o proxecto para que poida ser examinado por quen desexe.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras