DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello da Lama (expediente DH.A36.97968).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios A Fírveda.

Expediente: DH.A36.97968.

Volume total anual: 986,00 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,29 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: manancial na parcela 1035 do polígono 29 e pozo na parcela 831 do polígono 25.

Lugar: A Barcia e Cambeses.

Parroquia: A Barcia do Seixo.

Concello: A Lama.

Descrición:

A auga do manancial cáptase en arqueta aros formigón e condúcese a depósito na parcela 831 do polígono 25 ao que se bombea tamén a do pozo. Do depósito parte rede de distribución da auga ás vivendas que abastece a comunidade.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, núm. 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra), con cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 14 de febreiro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial Galicia-Sur