DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2024 Páx. 19343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete ao trámite de información pública a solicitude de autorización de verteduras no expediente coa clave DH.V15.98374.

Lista Granit, S.A., de conformidade co artigo 245 do Regulamento do dominio público hidráulico, solicita autorización para a vertedura ao río de Seixedo (bacía da costa da Coruña entre A Coruña e Camariñas) dun caudal máximo de 142.549,56 m3/ano de augas residuais industriais e de escorremento depuradas procedentes da canteira Monte da Costa nº 8, localizada no lugar de Vilarrodís-Oseiro (termo municipal de Arteixo).

As augas residuais industriais de escorremento xeradas na bacía número 1, na cal se localiza o oco da corta, almacénanse na balsa do oco, que tamén recibe os escorrementos bombeados desde o depósito situado na parte norte das instalacións. O efluente desta balsa (102.648,33 m3/ano) bombéase cara a unha arqueta desde a cal se conecta á rede de drenaxe da autoestrada AG-55 no punto de coordenadas UTM (ETRS89): X=542.551; Y=4.795.636, para acabar incorporándose ao río de Seixedo (bacía da costa da Coruña entre A Coruña e Camariñas) no punto de coordenadas UTM (ETRS89): X=542.288; Y=4.795.592.

As augas residuais industriais de escorremento xeradas na bacía número 2, que abrangue as zonas de planta, báscula e amoreamento, así como o eventual rebordamento do sistema de balsas de proceso, son tratadas nunha balsa de decantación en formigón armado localizada ao suroeste da explotación, cuxo efluente (39.901,23 m3/ano) se verte, mediante gabia escavada no terreo, no punto de coordenadas UTM (ETRS89): X=542.394; Y=4.795.267, incorporándose ao río de Seixedo (bacía da costa da Coruña entre A Coruña e Camariñas) no punto de coordenadas UTM (ETRS89): X=542.388; Y=4.795.266.

As augas residuais fecais xeradas nas instalacións almacénanse en dous depósitos estancos, polo que non se realiza vertedura destas augas residuais ao dominio público hidráulico.

O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da data da publicación no Diario Oficial de Galicia deste anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia, en cuxo portal da internet (https://augasdegalicia.xunta.gal/) se encontra exposto o proxecto para que poida ser examinado por quen o desexe.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras