Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 21 de febreiro de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:
Identificación e localización: parcela número 691 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 2.508,00 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actuais titulares: José Manuel Vázquez Feijoo (***5289**) e Marcos Vázquez Feijoo (***6583**).
Novos titulares: Marcos Vázquez Feijoo (***6583**) e Elisa Búa Diz (***5260**).
Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.
Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 22 de febreiro de 2024
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo