DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2024 Páx. 19293

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2024 pola que se aproba e fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do segundo exercicio da fase de oposición (temas) do proceso selectivo para o acceso á escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas e especialidade arquivos, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 25 de agosto de 2023 (DOG do 6 de setembro), convocáronse probas selectivas para cubrir seis prazas na escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas e especialidade arquivos, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 29 de setembro de 2023 (DOG do 11 de outubro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas ás citadas probas selectivas, fixándose un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Finalizado o devandito prazo e conforme o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas, polas quendas de promoción interna.

Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición (temas) o sábado día 29 de abril de 2024, ás 9.00 horas, para o exercicio da especialidade Arquivos, e ás 9.30 horas para o exercicio da especialidade Bibliotecas. O lugar de realización será a aula 3 para o exercicio da especialidade de Arquivos e a aula 4 para o exercicio da especialidade Bibliotecas, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Norte (avenida do Burgo s/n, Santiago de Compostela)

Non se realizará o primeiro exercicio, dado que todas as persoas aspirantes acreditan o coñecemento do galego.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios será efectuada polo tribunal, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No entanto, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela