DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2024 Páx. 19333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 4 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que consideren oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditado na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de marzo de 2024

Pedro Pablo Lorenzo Díaz
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

48113918B

48113918B/13-11-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Arteixo

54548446J

54548446J/07-09-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Boiro

78809498K

78809498K/14-12-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Muxía

12781898Q

12781898Q/20-11-2023/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Carballo

12781898Q

12781898Q/13-12-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Carballo

39451847Q

39451847Q/11-09-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Culleredo

52457922M

52457922M/28-08-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Ribeira

53487093H

53487093H/01-06-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Ribeira

53795976B

53795976B/10-08-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Ribeira

54131237R

54131237R/25-10-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

A Coruña

55589048A

55589048A/16-10-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Santiago de Compostela

Y4342395D

Y4342395D/11-10-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Culleredo

Y6963301L

Y6963301L/05-10-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

A Coruña

Y7097143R

Y7097143R/15-12-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Boiro

Y7705742C

Y7705742C/26-10-2023/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Carballo