En cumprimento do previsto no artigo 78 ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización/legalización de obras:
Solicitante: Silvia Romero Estévez.
DNI: 7933*****.
Expediente: DH.W15.95448.
Lugar: Cacharrete.
Parroquia: Mosteirón.
Concello: Sada.
Descrición das obras:
As obras solicitadas consisten na construción dun muro de contención no interior da parcela para a contención do noiro.
A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada «Participación pública», así como nas oficinas deste servizo, situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, onde estará exposto o expediente de que se trata para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 26 de xaneiro de 2024
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica de Galicia Norte