DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2024 Páx. 19057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha extinción e solicitude de concesión de augas no concello de Dozón (expediente DH.A36.11488 e un máis).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a extinción e o outorgamento dunha nova concesión de augas coas seguintes características:

Solicitante: Avícola Tratante, S.L.

DNI: ****4054*.

Expediente: DH.A36.11488 e DH.A36.95812.

Volume total anual: 9.964 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 3,23 l/s.

Destino: uso gandeiro, industrial e doméstico.

Orixe: tres pozos e gabia soterrada.

Lugar: A Eirexa.

Parroquia: O Sisto.

Concello: Dozón.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas de catro puntos: dous pozos situados na parcela de referencia catastral 36016A004000030000KF, unha gabia soterrada na 36016A001001340000FF, e outro pozo na parcela 36016A47000090000FI. As augas lévanse a un depósito intermedio situado na referencia catastral 36016A047000010000FT, desde onde se abastecen dúas granxas de galiñas, situadas nas parcelas 36016A004002720000FZ e 36016A047000010000FT, e o almacén industrial, situado na parcela 36016A004000980001GP.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo (15704) de Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica Galicia Centro