DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2024 Páx. 18821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2024 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado número 49/2024.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o procedemento abreviado número 49/2024, interposto por Silvia Sánchez Gómez contra a inadmisión de recurso de reposición contra a Resolución reitoral do 22 de novembro de 2023, que pon fin ao proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema selectivo de concurso, para a estabilización do emprego temporal do persoal de administración e servizos nas escalas e subescalas dos subgrupos C1 e C2, convocado pola Resolución do 1 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro), en relación coa escala auxiliar administrativa/subescala administración.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 1 de marzo de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo