DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2024 Páx. 18822

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da aprobación inicial por silencio administrativo do estudo de detalle para as parcelas 147 e 148 do Plan parcial Zapateira 2.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o 22 de xaneiro de 2024, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Entender aprobado inicialmente por silencio administrativo o estudo de detalle para as parcelas 147 e 148 do Plan parcial Zapateira 2, que achegou Felipe García Carnicero, asinado polos arquitectos Carlos Frutos García e Javier Vecino Martín en xullo de 2021, en aplicación do disposto no artigo 76.1 da LSG.

Segundo. Acordar continuar a tramitación do procedemento e someter o documento aprobado inicialmente ao trámite de información pública por un prazo dun mes mediante un anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Terceiro. Notificar o acordo ao promotor como propietario único das parcelas afectadas e aos colindantes.

Cuarto. Advertir que o acordo de aprobación inicial determina a suspensión do outorgamento de aprobacións, autorizacións e licenzas urbanísticas, na área de modificación do réxime urbanístico vixente. A duración da suspensión comprende o prazo máximo de dous anos, que se extinguirá coa aprobación definitiva do planeamento».

Durante este prazo poderase examinar o documento na Área de Urbanismo (na casa do concello situada na rúa do Concello, número 12, Culleredo), de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas.

Culleredo, 6 de febreiro de 2024

José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente