DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2024 Páx. 18788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente BS403B 2021-0001455 e seis máis.

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, notifícanse a través deste anuncio as resolucións ditadas no procedemento de conformidade co establecido na Orde do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas/os en situación de garda con fins adoptivos no ano 2021, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B), publicada no Diario Oficial de Galicia número 11, do 19 de xaneiro.

Para estes efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si mesmas ou a través das persoas que as representen legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican.

Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que as resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2024

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolucións favorables (procedemento BS403B)

Núm. de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto administrativo e data

BS403B-2021-00001455

Y6404708G

Resolución do 27.5.2021

BS403B-2021-00005456

X9069412Y

Resolución do 19.10.2021

BS403B-2021-00006081

Y8733649B

Resolución do 19.10.2021

BS403B-2021-00006351

Y9234370E

Resolución do 3.3.2022

BS403B-2021-00010581

46906511N

Resolución do 18.4.2022

BS403B-2021-00012657

X6888483Y

Resolución do 14.2.2022

BS403B-2021-00012863

47375784Q

Resolución do 14.2.2022