DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2024 Páx. 18449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2024, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres LU-01935-O-2023 e catro máis.

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador LU-01935-O-2023 e catro máis por infracción da normativa sobre transportes terrestres.

Tras ser intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, realizarase o seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2024

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF da persoa sancionada

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto

cualificador

Precepto
sancionador

Sanción imposta

LU-01935-O-2023

7878-BCB

***6143**

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

11.8.2023; 1.27.00; N-120; 489,808

Artigo 141.14 da LOTT

Artigo 198.18 do ROTT

Artigo 201.1.e) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

601 €

PO-00401-S-2023

3950-LDG

***7610**

Transportar mercadorías perigosas sen levar a bordo do vehículo unha carta de porte (ou calquera outra documentación exixible) que cubra todas as mercadorías transportadas, levala sen consignar cales son estas ou levala ilexible.

21.6.2022; 09.13.00; avenida de Madrid con r/ Gandarón

Artigo 141.25 da LOTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.i) do ROTT

801 €

XC-00292-O-2023

1423-LYG

***2953**

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

3.10.2022; 11.30.00; AP-9; 67,0

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 €

XC-01081-O-2023

9794-HXF

***4724**

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

23.12.2022; 1.3.00; N-550; 45,5

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 €

XC-01323-O-2023

3376-JNZ

****5386*

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

19.10.2022; 15.24.00; A-54; 93,1

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 €