DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2024 Páx. 18376

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2024 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 27 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Renova o teu vehículo, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2024 (códigos de procedemento IN421T e IN421U).

Mediante a Resolución do 27 de novembro de 2023, que foi publicada no DOG núm. 236, do 14 de decembro, establecéronse as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan Renova o teu vehículo, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, mediante tramitación anticipada, para a anualidade 2024 (códigos de procedemento IN421T e IN421U).

Mediante a Resolución do 12 de febreiro de 2024 que foi publicada no DOG núm. 34, do 16 de febreiro, ampliouse o orzamento inicial da convocatoria.

O artigo 2.1 da citada resolución prevé a posibilidade de redistribuír o orzamento se pasado un mes desde a apertura do prazo de solicitudes, nalgunha das epígrafes non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe listaxe de espera. O prazo de presentación de solicitudes comezou o día 17 de xaneiro e un mes despois non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles nas epígrafes correspondentes a autónomos ou empresas e, porén, existe listaxe de espera na epígrafe de persoas físicas.

O artigo 31 do Decreto 11/2009, establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recurso públicos,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os fondos destinados ao Plan Renova o teu vehículo modificando a táboa do artigo 2.1 da Resolución do 27 de novembro do 2023 do seguinte xeito:

Tipo de beneficiario

Aplicación orzamentaria

Dotación orzamentaria inicial (€)

Dotación orzamentaria actual (€)

Redistribución (€)

Dotación orzamentaria final (€)

Persoas físicas

09.A3.733A.780.4

2.700.000,00

2.850.000,00

150.000,00

3.000.000,00

Autónomos ou empresas

09.A3.733A.772.2

300.000,00

300.000,00

-150.000,00

150.000,00

Total

 

3.000.000,00

3.150.000,00

0,00

3.150.000,00

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do prazo establecido para presentar solicitudes.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2024

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia