DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2024 Páx. 18267

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Quiroga

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal, na regulación da provisión de prazas de aparcadoiro.

Aprobada inicialmente polo Pleno municipal en sesión do 28 de abril de 2023 a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Quiroga na regulación da provisión de prazas de aparcadoiro, en cumprimento de tal acordo e das prescricións contidas no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous (2) meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no xornal El Progreso, así como na sede electrónica deste concello https://concellodequiroga.sedelectronica.es/, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial comporta a suspensión do outorgamento das licenzas nas áreas afectadas pola modificación do Plan xeral e que son as seguintes:

Áreas obxecto de suspensión de licenzas: en todo o termo municipal e en todas as clasificacións do solo.

Tipo de licenzas: licenzas de edificación.

A duración máxima da suspensión é de dous anos contados desde a aprobación inicial, extinguíndose, en todo caso, coa aprobación definitiva da modificación do plan.

Quiroga, 15 de febreiro de 2024

José Luis Rivera Castro
Alcalde