DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2024 Páx. 18268

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Cabeiro

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Rosario Fernández Rodríguez, veciña da parroquia de Cabeiro, concello de Redondela (Pontevedra), convoca todos os comuneiros á asemblea xeral ordinaria no Centro Cultural o domingo día 7 de abril de 2024, en primeira convocatoria ás 10.30 horas e en segunda convocatoria ás 11.00 horas, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta anterior.

2. Memoria deste período; obras realizadas e pendentes.

3. Anexo aos estatutos.

4. Relación de gastos e ingresos; autorización para pedir subvencións.

5. Ratificación da cota e dos litros de consumo diario.

6. Aumento do fondo de reserva.

7. Baixas e transmisións.

8. Proposta de baixa do contador nº 236.

9. Elección da nova Xunta Directiva e Xurado.

10. Rogos e preguntas.

Redondela, 7 de marzo de 2024

Rosario Fernández Rodríguez
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Augas de Cabeiro