DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2024 Páx. 18042

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de febreiro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de febreiro de 2024 polo que se aproba a modificación das relacións de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na publicación no DOG núm. 37, do 21 de febreiro de 2024, do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de febreiro de 2024 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, constatamos a existencia dun erro en tres postos, xa que non quedou reflectida, como debería, a formación específica que tiñan como postos de laboral e que ten que manterse do mesmo xeito como postos de persoal funcionario.

En consecuencia, cómpre corrixir estes erros nos seguintes postos e do seguinte xeito:

– Na páxina 14760, no posto «ED.A11.00.000.15770.010. POSTO BASE SUBGRUPO A2», na súa columna de formación específica, debe dicir: «835».

– Na páxina 14767:

• No posto «MA.C03.00.401.15001.100. POSTO BASE SUBGRUPO A1», na súa columna de formación específica, debe dicir: «519».

• No posto «PE.C04.00.000.15770.105. POSTO BASE SUBGRUPO A2», na súa columna de formación específica, debe dicir: «483».

– Na páxina 14771:

• No punto «CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS» cómpre engadir:

«483 ENXEÑERÍA TÉCNICA NAVAL (MÉRITO)

519 ENX. QUÍMICA/LCDO. QUÍM. (MÉRITO)

835 EXPERIENCIA NA PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS (MÉRITO)».