DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 8 de marzo de 2024 Páx. 17822

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no exercicio 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no exercicio de 2023, a cal se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2024

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Convenio

Data de

sinatura

Importe (€)

2022

2023

2024

2025

2026

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) para a continuidade en 2023 da iniciativa Connect Ourense

10.1.2023

64.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Asociación Startup Galicia para a realización de actividades de apoio ao emprendemento innovador

19.1.2023

24.720,00

24.720,00

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) para a continuidade en 2023 da iniciativa Conecta Lugo

21.2.2023

64.000,00

III Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (Gain), a Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), o Consorcio da Zona Franca de Vigo (Consorcio), Vigo Activo Sociedad de Capital Riesgo, S.A. S.M.E (Vigo Activo), a Fundación Agrupación Industrial de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) e Stellantis España, S.L. (Stellantis) para a continuidade dun foco de emprendemento no sector da automoción e mobilidade en Galicia (Business Factory Auto - BFA) e a realización das edicións 7ª, 8ª e 9ª

15.3.2023

306.282,30

430.852,88

412.439,13

274.425,69

Convenio entre a Asociación de Industrias del Metal y Tecnologías Asociadas de Galicia (Asime) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a habilitación do espazo Mindtech Startup Arena

16.3.2023

200.034,00

Segunda addenda ao convenio, asinado o 1 de decembro de 2021, entre o Igape, a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Universidade da Coruña e o Clúster TIC Galicia para a elaboración do Plan director e a constitución da estrutura de gobernanza da Cidade das TIC

28.4.2023

Sen achega económica

Convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca

8.5.2023

160.000,00

130.000,00

130.000,00

Addenda ao convenio, asinado o 16 de marzo de 2023, entre a Asociación de Industrias del Metal y Tecnologías Asociadas de Galicia (Asime) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a habilitación do espazo Mindtech Startup Arena

10.5.2023

Sen achega económica

Convenio entre a Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), a Asociación Círculo de Empresarios de Galicia (CFV), a Asociación Club de Empresarios y Ejecutivos de Galicia (Nordés) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a mellora das competencias directivas

12.5.2023

139.800,00

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica e o Clúster TIC Galicia para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade dixital en Galicia

26.5.2023

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para o desenvolvemento dunha plataforma dixital de contidos vinculados á actividade do Igape e dos diferentes axentes que compoñen tanto o mapa empresarial como o ecosistema innovador da Comunidade galega

9.6.2023

125.000,00

Addenda ao convenio, asinado o 11 de abril de 2022, entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia) e a Fundación CEL Iniciativas por Lugo para a continuidade da Aeronautics Business Factory - BFAero, na súa cuarta e quinta edicións

9.6.2023

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e publicación da Revista Galega de Economía no ano 2023

14.6.2023

7.500,00

Segunda addenda ao convenio, asinado o 26 de abril de 2022, entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Confederación de Empresarios de Galicia para a creación dun centro de seguimento das licitacións internacionais

10.11.2023

Sen achega económica

Convenio entre a Administración xeral do Estado, a través do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa) e o Igape (Instituto Galego de Promoción Económica) para o establecemento de puntos de atención ao emprendedor (PAE) integrados na rede CIRCE

13.11.2023

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Asociación de CC.RR. Vitivinícolas Gallegos y de las II.GG. Aguardientes y Licores Tradicionales de Galicia (Acruaga), en materia de promoción, formación e asesoramento dos viños de Galicia durante o período 2023-2025

7.12.2023

25.000,00

100.000,00

100.000,00

Addenda ao convenio, asinado o 10 de xullo de 2022, entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Axencia Galega de Innovación, Xesgalicia Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., o Consorcio da Zona Franca de Vigo e Vigo Activo Sociedad de Capital Riesgo, S.A. S.M.E. para o desenvolvemento das sétima e oitava edicións do programa Viagalicia

18.12.2023

29.496,69

125.383,31

226.028,00

182.952,00

65.340,00

Addenda ao III Convenio, asinado o 15 de marzo de 2023 entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (Gain), Xesgalicia Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), o Consorcio da Zona Franca de Vigo (Consorcio), Vigoactivo Sociedad de Capital Riesgo, S.A. S.M.E. (Vigoactivo), a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) e Stellantis España, S.L. (Stellantis) para a continuidade dun foco de emprendemento no sector da automoción e mobilidade en Galicia (Business Factory Auto - BFA) e a realización das edicións 7ª, 8ª e 9ª

29.12.2023

Sen achega económica

Convenio entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca Afigal e Sogarpo polo que se regulamenta a achega do Igape á dotación ao Fondo de Provisións Técnicas para a prestación de avais ás pemes galegas

20.12.2023

2.500.000,00